Falando da lingua: Abraiadiñas…!!!


A verdadeira filloada

A verdadeira filloada

Con olímpicos e paralímpicos quedamos en setembro, pero se ben é certo que xa remataron os Xogos Parolímpicos (non esquezades que debedes dicir “olimpíadas” e, polo tanto, “parolimpÍadas”), a nós faltounos por compartir con vós un detalle. Non vai nin de gañadores, nin de perdedores, nin de medallas… Non… Trátase dunha entrevista dun comentarista que andaba polo Brasil cubrindo o evento e que recomendaba moi vivamente unha “filloada”…

Non lembramos nin a emisora, nin o nome do señor. O caso é que… levounos un bo anaco en entender a que se estaba a referir aquel paisano, que se desfacía en explicacións sobre aquel prato riquísimo, contundente… Chegamos a pensar nunha variante introducida polos moitos emigrantes galegos que se fixeron coa restauración nas principais cidades de Brasil e que tiña a súa orixe na filloa galega. Ai, pero cando empezou a insistir en que “la filloada” (porque falaba en castelán) era un prato que se comía moito en todo o país e que se consideraba a comida típica do Brasil…, xa soubemos que non. Vimos a luz cando dixo que a base do prato eran os “frijoles”! O informante estaba a referirse aos “feijões” (lido á portuguesa, con fricativa palatal sonora, pronunciado coma o noso X, pero facendo vibrar as cordas vogais). Polo tanto, a comida á que facía referencia era a “feijoada”, que, dita por un brasileiro, que pecha bastante o “e” inicial e o “j” o le como vos acabamos de explicar, deu na “filloada” do outro… Para os falantes de castelán, lingua na que non existe a fricativa palatal, o son máis parecido é o palatal lateral (ll), pero iso non xustifica que nunca fagan esforzo por achegarse á lingua veciña.

Tamén hai moita xente que le á española o apelido “Coelho”, que queda nun sen sentido “Coelo” porque non é sabido que o “lh” representa o mesmo son que representamos en galego e castelán con “ll”…

Non sabemos en que quedará o manifesto que promoveu Teresa Moure este verán para que as persoas que en Galicia optan pola grafía lusista poidan acceder a premios literarios e a veren as súas obras publicadas. Mais o que si sabemos é que se precisa moita pedagoxía antes de que a poboación media lea en portugués… Iso haino que ter en conta.

Lidia e Valentina

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

0 Responses to Falando da lingua: Abraiadiñas…!!!

  1. Xavier Nogueira di:

    Non obstante, nunca lle escoiteo Mourino por Mourinho, pero deben ser milagres futbolísticos. agora ben, despois, á hora da verdade, na Extremadura española acaparan todos os eventos relacionados con Portugal, mentres nos asubiamos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s