PARA ELÍAS SEOANE RAMÍREZ


IN MEMORIAM

ELÍAS SEOANE RAMÍREZ

A primeira Irimia imprimíase no pequeno prelo de Elías de Barallobre.  Así coñeciamos en Irimia ao párroco Elías Seoane. A súa vida comprometida foi larga, longa, intensa. Foi unha figura decisiva na banda sur da Ría de Ferrol. Para Astano, Fene e os movementos sociais e obreiros,  Elías é impagábel. Xaquín Campo Freire recolle nesta páxina de homenaxe testemuñas da xente diversa que o recorda con emoción e agradecemento.

Elías significa “o meu Deus é Iavé”, e foi un profeta do divino e do humano do A.T. Detrás de todo nome hai sempre unha persoa, unha grande biografía. Pon o nome deste home en google e verás marabillas. Este Elías de hoxe encheu de bondade, paz, amor e xustiza o mundo, desde Ferrolterra. Deixa detrás unha escola de abondosa sementeira profética. Párroco de Santiago de Barallobre, Fene, finou este quince de setembro, con 89 anos de vida. Estas son testemuñas da xente do lugar.

“Referente na pastoral obreira, na cultura e defensor da unión de todo Ferrolterra. Recordámolo con cariño na nosa diocese. Naceu n’As Somozas. Foi editor de Boa Nova. Comprometido coa Catequese. Descansa en paz, amigo Elías!”. (Diocese Mondoñedo-Ferrol).

“Destacou polo seu labor pastoral e humano e tamén pola tolerancia, a solidariedade cos máis desfavorecidos e un comportamento baseado na xenerosidade, na humanidade e na ética. Foi un exemplo de amor pola lingua e a cultura galegas, polo contorno máis inmediato, polas cousas máis próximas. Nos últimos tempos do franquismo, permitía reunións clandestinas de forzas galeguistas e de esquerdas no coro parroquial e na casa reitoral. “Nunha viaxe a Arxentina, coñecín o valor da liberdade” dicía Don Elías.(Radiofusión).

“Foi un home comprometido co País, cos movementos democráticos. Funcionou na súa casa a vietnamita en tempos duros. De Barallobre saían octavillas, panfletos. Revistas semilegais. Alí vin por primeira vez un escáner. Adiantado nas tecnoloxías da información escrita, colaborador dos movementos cristiáns polo socialismo. Bo home. E socio do Celta. Fumaba con pracer, picadura, e botáballe a culpa do tóxico ás tabaqueiras e as súas manipulacións.” (Carlos Neira).

“Para min Barallobre foi toda a miña vida” afirmaba nos actos no 75 aniversario do Monumento ao Camiñante Descoñecido. Foi párroco en Barallobre durante 63 anos. Antes estivo en Betanzos onde asistiu a Foucellas tras ser detido pola Garda Civil”. (Radio Fene). Foi un bo músico: “Neno de coro”, na Catedral de Santiago.

“O sepelio, tal e como era a súa vontade, no cemiterio de Barallobre, xusto ao pé da tumba de D. Andrés Ares Díaz, crego do Val de Xestoso en Monfero fusilado en outubro de 1936, por negarse a entregarlles aos golpistas os cartos que tiñan para a festa do patrón”. (Radiofusión).

Elías, o histórico cura de Barallobre, un exemplo de compromiso con Galicia e coa Igrexa. Home extraordinariamente humano; e, ao mesmo tempo, dunha espiritualidade inmensa, infinita. Amaba profundamente os libros. Sempre tiña xunto del unha foto de Parallé, do Poeta do Penedo. E as portas da casa reitoral de Barallobre -esa parroquia de Fene que é mar e terra ao mesmo tempo-, non se pechaban nunca. Viviu nunha entrega constante aos demais. Deu testemuño de Deus, coa súa propia existencia, ata o seu último día na terra”. (R. Loureiro).

“Suave, amábel, moi cariñoso nas formas, pero forte e rexo no compromiso cos débiles, coa xustiza, co mundo obreiro. Moi traballador. A cultura e fala galegas estiveron sempre no seu norte de home e crego. En verbas de Gabriela Mistral:  “Dígoche, Señor, que era bo. Dígoche que tiña o corazón enteiro a flor de peito. Que era suave de índole, franco e transparente como a luz do día, cheo e repleto de milagre como a primavera”. Elías, vai na paz de Deus.”. (X. Campo Freire).

No cemiterio démoslle un aplauso tan emocionante que parecía non ter fin.

Xaquín Campo Freire

Advertisements
Estas entrada foi publicada en In memoriam coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to PARA ELÍAS SEOANE RAMÍREZ

  1. Fermosa lembranza de Don Elías. Marcou unha época en Barallobre.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s