O fachineiro das eleccións: Era todo mentira


Quen procure unha análise asisada dos resultados electorais xa sabe que non é esta a columna onde vai atopala. Conque vou comezar por dicir quen era todo mentira.

A xente non estaba realmente preocupada polo prezo do leite nin polo sector agrario cando se manifestaba; tampouco non importaban tanto aquel mal xenio coa frota do cerco; e tampouco cando saía á rúa contra a privatización da sanidade, do copagamento dos medicamentos ou dos céntimos sanitarios que pagamos ricos e pobres cando enchemos o depósito do coche.

Era só enfado dun día aqueles que se dicían indignados pola desatención aos enfermos da hepatite C; os lamentos polos mozos e mozas que teñen que emigrar eran laios de carpideira comenenciuda; o do cabreo coa forma de ofrecer traballos de Baltar era simplemente anoxo de neno enfexo; que os que aparecían na foto co presidente estean agora levemente condenados por acabaren co sistema bancario galego non merece máis ca un mal xesto nunha partida de tute; que en plena campaña, cando xa se intuía a goledada, Feijoo emulase os regates innecesarios de Neymar e lle dese outra patada nos dentes á lingua galega só merece respostas de tuit, que arrefrían ás dúas horas. Así que este fachineiro ten que volver a lembrar o verso de Quevedo: “Y no hallé cosa en que poner los ojos”.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to O fachineiro das eleccións: Era todo mentira

  1. Xavier Nogueira di:

    Dende logo, vivimos nunha Galicia fermosa, sen problemas de ningunha clase, porque nos, coas paguiñas mais baixas de España, facemos milagres. Eso, milagres, algo ao que estamos afeitos e ofrecidos dende sempre. Que hai paro, pois Santiago líbranos do paro, que si hai terrorismo, pois Santiago líbranos do terrorismo, que si hai ladróns, pois Santiago líbranos dos ladróns.
    As votacións son outra cousa, eche o que hai, todos son iguais, mais vale o malo coñecido…, etc. Logo, fuximos deste malo coñecido, maldicimos aos ladróns detrás do hórreo e pedimos mais pao para o lombo, igualiño que nos tempos da posguerra, que así repetían e repetían os vellos, na sobremesa da festa, mentres os fillos (os vellos actuais) marchaban cara Barcelona e Bilbao, co posto.
    Por qué vou seguir, se non teño de que queixarme..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s