DOMINGO 25 DE SETEMBRO. XXVI DO TEMPO ORDINARIO


foto_boanova1165396

A PALABRA. Lc 16, 19-31

Naquel tempo, díxolles Xesús aos fariseos: «Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes. Ao pé da súa porta xacía un pobre chamado Lázaro, todo cuberto de chagas, que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e mesmo os cans se achegaban a lle lambelas chagas. Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos a seo de Abrahán. Morreu tamén o rico, e enterrárono. Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abrahán e mais a Lázaro no seu seo. Entón suplicoulle dicindo: “Ai, pai Abrahán, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume”. (…)».

A CLAVE. Carme Soto

Confiade en Deus.

Lucas é o evanxelista que máis sensibilidade ten en relación as diferenzas entre ricos e pobres e no seu escrito evidencia con frecuencia como esta inxustiza social non ten o favor de Deus. Na parábola de hoxe presenta de forma moi gráfica o abismo que no século primeiro separaba a quen tiñan bens e honra de quen non tiñan nada. A forza das imaxes pon ante o lector/a a crueza da situación, pero non para espertar sentimentos de magoa ou rabia, senón para evidenciar unha clave teolóxica fundamental para o autor.

O relato está dirixido a aqueles fariseos que cren que as súas riquezas son froito da súa xustificación ante Deus e polo tanto xa o teñen todo gañado. Porén, recollendo a mensaxe de Xesús, Lucas nega esta crenza afirmando que a xustiza de Deus camiña por outros vieiros. O contraste entre Epulón e Lázaro vai mostrando cales son as actitudes que capacitan para formar parte da familia do Reino. Toda a piedade e fe que parece posuír o fariseo non o levan cara a Deus, pois fáltalle o máis necesario: a confianza e a misericordia. Lázaro, que parecía abandonado da mirada de Deus pois nada tiña, é quen realmente foi xustificado no amor do pai.

Non é a pobreza ou a riqueza quen os fai diferentes ante Deus, senón a súa forma de relacionarse con el. As imaxes escatolóxicas do final do relato non queren espertar o medo dos lectoras/ess para que se porten ben e eviten o castigo: están aí para mostrar que o importante é confiar no amor e a bondade de Deus e relacionarnos cos demais do mesmo xeito.

O ECO. Olga Álvarez

Nos anos 90 houbo unha película titulada A marcha na que os africanos/as botaban a andar, en milleiros, cara ao Norte rico para fuxir dunha morte segura por fame, pobreza extrema, guerras… Nos nosos días son os refuxiados/as os que marchan dos seus fogares e chaman ás nosas portas. Tanto na película como na realidade a resposta de Europa é a mesma: NON. Aí tedes os Epulóns e os Lázaros de hoxe en día.

Pero diredes que nós non temos a culpa e que non podemos facer nada por eles agás sentir mágoa ou dar algo de axuda. Pois tamén NON.

Para empezar xa me diredes a quen … ides votar o 25-S. A quen recortaron a cooperación cos países empobrecidos ata o mínimo? A quen non deixan entrar a ninguén e por enriba están botando fóra aos de casa? A quen deixan morrer con listas de espera para operacións ou con axudas á dependencia que chegan demasiado tarde?

E que a crise… NON, coa crise os ricos estanse facendo aínda máis ricos.

E non me digades que son todos iguais, nin en política nin en ningún outro tema, iso é meter a xustos e pecadores no mesmo saco e hai diferenzas. E as diferenzas mudan a vida da xente para mellor ou para peor.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to DOMINGO 25 DE SETEMBRO. XXVI DO TEMPO ORDINARIO

  1. Xavier Nogueira di:

    Lembro ben aquela película profética. O caso é que a película terminaba cunha multitude berrando cara “Oropa” dende a parte africana do Estreito de Xibraltar. Se mal non lembro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s