O fachineiro do continuísmo


Pequenas vergoñas

Comezamos tempada dándolle continuidade á anterior. Como ben recordará a lexión de seguidores e seguidoras desta sección, antes do verán dedicámoslle un fachineiro (e unha extensa entrevista) á situación política no Brasil. Agora xa sabemos que se consumou un golpe de estado olímpico: chegaron máis lonxe, máis alto e máis forte de calquera marca democrática. Pero ao actual presidente Temer, non lle abonda, e di que é unha pequena vergoña que o senado do seu país -á parte de botar a Dilma Rousseff- non a inhabilitase. E dío el, que é presidente pola porta de atrás, xa que nunca podería ser elixido, ao estar el mesmo inhabilitado.

Tanto lle ten: vai estar aí ata 2018 sen se presentar ás eleccións! Á parte do noso, en calquera outro país (quitando Brasil, quizais) tamén o  presidente galego estaría inhabilitado para ser candidato logo de que o electorado puidese ver a foto do iate dándose crema co seu amigo o narco. Alguén imaxina que un candidato de calquera outro partido que non fose o PP chegase a unha carreira electoral despois de semellante documento gráfico. Por certo, a foto non a busquen en moitos medios, á parte deste do que agora gozan.

A.Q.

feijoo-narcos

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s