Editorial – Ninguén dixo que fose fácil… nin agradecido


No momento en que escribimos isto as sondaxes sobre as eleccións galegas anuncian o que anuncian e a campaña electoral comeza a coller certa temperatura. Descoñecemos, polo tanto, o final da película.

Pero non queremos deixar de agradecer a todos os galegos e galegas que fixeron un esforzo persoal por intentar mellorar a nosa realidade política, a maneira de sermos gobernados, con máis igualdade, con menos corrupción, con máis autoestima: a de sermos parte desta Matria para a que queremos un futuro de seu. A todos aqueles que deron o paso de se presentar ou traballar en campaña, dando o salto desde as organizacións solidarias, desde os movementos sociais, desde comunidades de base, desde a militancia pola lingua, polo medio ambiente, pola economía solidaria…ou desde a súa profesión, desde o traballo ben feito.  Boa travesía e boa arribada!

“Meterse en política” implica ensuciar os pés, pisar lama, expoñerse. Se se fai desde a honestidade e o servizo ten un especial mérito. Porque a política electoral ten unha compoñente canalla.

Podes ser un excelente profesor, un reputado xuíz, un profesional sen chata e as sondaxes din que non tes o perfil gañador porque “non es abondo coñecido”.  Semella que o que conta é dar espectáculo, sexa o que sexa, ou estar omnipresente nos medios de comunicación subvencionados.

Podes elaborar propostas construtivas e valentes en clave de país, en liña cunha traxectoria de décadas, e non teres peso, porque parece que ese “peso” se adquire  polo número de emocionadas veces nas que o candidato de perfil gañador -o único presidente que lexislou contra idioma galego na historia da Galicia autónoma- pronuncia con emoción a palabra “Galicia” por cada liña de texto.

Meterse en política, mesmo coa mellor intención, é quedar ao pé dos cabalos.  Fronte ao escrutador foco dos medios. E fallos sempre vai haber. E a esquerda ten un problema serio: demasiado cainismo (o de Abel Caballero é simplemente vergonzoso), demasiado purismo e cabreo fácil. E demasiada dependencia do voto indignado (mesmo por veces túzaro). Por iso a abstención é, normalmente, unha mala nova para os que queren o cambio, xa que o voto da dereita é perseverante e sólido. O cal, por outra parte, debería darnos que pensar.

Editorial

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s