Rumores de Esperanza – E foi alá outra Romaxe


Romaxe 2016 - "Portalén humana"

Romaxe 2016 – “Portalén humana”

E foi alá outra Romaxe. E van alá 39 e imos camiño da 40. O tempo non acompañou e, de feito, coas crianzas tiven que marchar no medio da celebración. Pagou a pena? Sen dúbida. Só por vervos a todos aínda que sexa uns minutos. Ese cheiro a festa e a bo ambiente encheu os nosos pulmóns e a música de a Quenlla soubo a pouco. A romaxe 40 ten que ser unha boa festa.

Non tería sido fácil chegar ata o monte Seixo de non ser por un traballo do que non nos decatamos. É o traballo calado da xente dos lugares nos que nos acollen. Foi un detalle que os carteis fosen rechamantes para que os condutores os atopásemos doadamente. Ese pequeno detalle abofé que é significativo do que é unha romaxe. Para ter unha romaxe é preciso unha manchea de pequenos detalles que nos levan á festa. Pensade os que viñestes no autobús o traballo de quen encargou o autobús, recolleu os cartos, chamou á empresa de autobuses… Pensade nos que encargaron as fotocopias do libro da romaxe. Pensade nos que deseñaron o medallón. Pensade en quen estaba ás oito da mañá para recibir aos do son…

En educación estase a falar moito de traballo cooperativo. Está ben facer as cousas de xeito colaborativo. Que cada quen vaia poñendo o mellor de si mesmo e un pouquiño cada un. Imaxinade que o que creou isto das romaxes botase todo ás súas costas e non participara na organización ninguén máis. Agora non habería romaxe. Longa vida aos romeiros do alén.  

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Romaxe, Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s