O fachineiro das Irmandades da Fala


SAÚDE E TERRA!

Este ano 2016 cumpriuse o primeiro centenario das Irmandades da Fala, o movemento que quixo sacar a Galicia das gadoupas da lenda negra que xa denunciara Rosalía no prólogo de Cantares gallegos. A primeira Irmandade creouse na Coruña e logo xurdiron as de Santiago, Monforte, Pontevedra e outras polo País adiante.

Tamén cumpre 100 anos o seu xornal, A Nosa Terra, que dirixía Vilar Ponte. É moi recomendable a visita á exposición itinerante coa que a Real Academia Galega conmemora esta efeméride, porque non só se fixa nas figuras masculinas coma os Vilar Ponte, Losada Diéguez, Blanco Torres ou os membros do Grupo Nós; faino tamén nas mulleres dunha xeración (María Miramontes, Amparo López, Micaela Chao…) que xa daquela loitaba pola igualdade, tal como se recolle no seu programa político. Nese documento, tamén figura, por primeira vez a cooficialidade do galego.

Por iso convén lembrar as palabras de Antón Vilar Ponte, no medio desta campaña electoral na que ha volver ter oco o racismo lingüístico: “A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal”.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s