O día 8 de setembro, en Outeiro de Rei, terá lugar un acto de lembranza a Manuel María organizado pola Irmandade Manuel María e Asociación Xermolos.
Comezará cun xantar e continuará coa entrega da Navalla de Manuel María a Raúl Río e Paco Carballo (a título póstumo).
Para apuntarse a xantar chamar ao teléfono 646413890.
Este é o horario para todos/as aqueles/as que queira participar.
15:00 Xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra
17:00 Recital de poesía en Penas de Rodas
18:00 Levamos unha rosa ao cemiterio de Outeiro de Rei, acompañada de versos e comunicados e o himno galego.
18:30 Entrega da Navalla de Manuel María a Raúl Río por Lois Diéguez. Presenta Felipe Senén.
Entrega da Navalla de Manuel María, a xeito póstumo, a Francisco Carballo. Fai a presentación Rubén Aramburu.
Recital de poesía e música polo gaiteiro Raúl Galego, Mini e Mero, Antón Valcarce, Ceibes de Xermolos…