Convite á XXXIX Romaxe de Crentes Galeg@s – 10/09/2016


XXXIX – ROMAXE DE CRENTES GALEGAS/OS

MONTE SEIXO, CERDEDO (PONTEVEDRA),

 SÁBADO, 1O, DE SETEMBRO, 2016

 “Romeiros do Alén”

A “Asociación Irimia” e as asociacións “Capitán Gosende” e “Canón de Pau”  comprácense en convidarte xunto cos demais membros da túa comunidade, parroquia, grupo, asociación, familiares e amigas/os a compartir con nós a ledicia de vivir e gozar dunha xornada de irmandade e convivencia en sintonía co compromiso social, dende a fe e a galeguidade, dende a mutua sintonía e respecto a tódalas verdades e razóns, dende a tolerancia a tódalas ideas. Co lema: “Romeiros do Alén”, esperámosvos no máxico e mítico monte Seixo, para celebrar, profeticamente reivindicar xustiza e gozar dun día entre amigas/os e afíns.

Foto1 (1)

Como ben di Carlos Solla:

O monte Seixo é a máxima expresión da serra do Cando, espiñazo enfesto da provincia de Pontevedra, na altura -por riba dos 900 metros- acaróanse as estremas dos concellos de Cerdedo, Forcarei, Cotobade e a Lama. Dende o curuto do Seixo, o outeiro do Coto, cumio localizado a 1015 metros de altitude, dexérganse os mares de Arousa, Pontevedra, Vigo e o “mar alto”, cando zoa a nortada, o Seixo convértese en privilexiado miradoiro, e o país amosa garrido tódolos seus horizontes.

Non é casualidade que un caprichoso afloramento granítico neste engaiolante monte Seixo, leve por nome Porta do Alén (Portalén), a el vincúlanse antigas ritualidades que tiñan por obxecto a conexión coa ultratumba.

A nosa Celebración-festeira, anunciadora de fe e galeguidade e reivindicadora do que é xusto, pero tamén de esperanza e campestre xantar, será a-carón da actual capela de Santa Mariña. As tradicións míticas de Santa Mariña do Incio (Lugo), Antela e Augasantas (Ourense), converxen no máxico crisol de Santa Mariña do Seixo (Pontevedra).

Foto 2 (1)

Esperámosvos a todas e todos nesta telúrica paraxe, tan humana e socialmente representativa da loita po la sobre-vivencia e a súa conservación.

-Sabede que se chega ao lugar da Celebración tanto en coche como en autobús, (sen problemas).

-No lugar da Celebración atoparemos á venda os textos da mesma, para poder seguila; tamén medallóns de Sargadelos, conmemorativos desta Romaxe, ademais de outros materiais de Irimia.

-Contarase cunha tenda e toldo para degustar o polbo

-A música dos amigos da Quenlla, xunto con outras músicas do lugar, encherán o espazo na Celebración e na festa.

HORARIO DA ROMAXE:

11:00 Acollida de romeiros (cun petisco)

12:00 Celebración “Romeiros do Alén”

14:00 Xantar campestre e solidario

16:00 Festa

18:30 Oración da tardiña en San Xurxo de Sacos, 

(Preparan as compañeiras/os de Vigo)

portalén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Romaxe coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Convite á XXXIX Romaxe de Crentes Galeg@s – 10/09/2016

  1. Se non hai novidade alí estaremos de novo. No monte dos “carabuxeiros”, como lle chamaba a centenaria “aboa” Perfeuta da Mouteira. Uha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s