DOMINGO 10 DE XULLO. XV DO TEMPO ORDINARIO


 A PALABRA. Lc 10, 25-37

Naquel tempo, os publicanos e pecadores achegábanse a Xesús para o escoitaren. Por iso os fariseos e letrados murmuraban «Este acolle os pecadores e come con eles.» Entón Xesús contoulles esta parábola:

(…) «Un home tiña dous fillos. O máis novo díxolle ao pai: “Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde”. El repartiulles os seus bens. Días despois, este fillo recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortuna vivindo coma un perdido. Despois de o gastar todo, houbo unha gran fame naquela terra, e empezou a pasar necesidade.(…) Recapacitando, pensou: “Hai que ver! Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a fartar, e eu morro coa fame. Si, vou volver á de meu pai e voulle dicir: Papá, pequei contra o ceo e contra ti; xa non son digno de que me trates coma un fillo, trátame coma un xornaleiro”. Levantouse e volveu onda seu pai. (…) O fillo exclamou: “Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me trates coma un fillo”. Mais o pai díxolles aos seus criados: “Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella; poñédelle un anel na man e calzado nos pés. Preparade un cuxo cebado para comelo e facer unha gran festa. Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo”. (…)

A CLAVE

José Antonio Martínez

Ano da Misericordia

Inmersos no Ano da Misericordia, o Xubileu co que o papa Francisco quere celebrar os 50 anos do Concilio Vaticano II e por a misericordia no centro da vida da Igrexa, volvemos das vacacións e atopámonos cun texto máis que acaído. No capítulo 15 do Evanxeo de Lucas, o autor xunta tres parábolas que son coñecidas coma as parábolas da misericordia: a da ovella perdida, a da moeda perdida e a do fillo estragador.

Deteñámonos nesta última. É curioso como os títulos ou o comentarios introducidos na Biblia ao longo da historia condicionan a nosa lectura e interpretación. Sabiades que só 2 das parábolas de Xesús dáselles nome no propio texto? Estas son a parábola do sementador (Mt 13, 18) e a do xoio na leira (Mt 13, 36). Na Biblia en galego, chámaselle “O fillo estragador e o pai bo”. Ben sabedes que en castelán foi nomeada comunmente como a do fillo “pródigo”; isto provocou moitas confusións, ante o punto que é común utilizar a expresión para se referir ao fillo que volve á casa despois de terse independizado, cando en realidade o adxectivo fai referencia á persoa que estraga, dilapida, os seus bens.

Sendo unha parábola con tres protagonistas, as novas edicións das biblias tenden a modificar o título, impóndose agora a denominación de pai bo ou pai misericordioso. Como muda a perspectiva! Poñemos a misericordia no centro de atención.

A través da historia das 3 personaxes, Xesús os criterios cos que se xustifica a xustiza na súa sociedade, pondo no centro a misericordia. Podemos poñérmonos na pel dos dous fillos, identificarnos con eles: xa no do pequeno, que inconsciente dos dons que ten, desperdíciaos, non sendo quen de se decatar da súa situación até que fica sen nada e volve onda o Pai. Ou no do primoxénito, que tampouco é consciente do que ten, mais cun ego e unha autosuficiencia que lle impide descubrir o verdadeiro significado da vida.

Podemos identificarnos cos fillos, mais Xesús convídanos a actuar coma o Pai. No proceso de crecemento coma persoas, coma cristiáns, a misericordia é o aspecto central.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s