A torre da derrota


AQ

O fachineiro das eleccións

Titulamos con palíndromo de Gonzalo Navaza, porque este debería ser o fachineiro dos libros do verán, pero á vista do país no que vivimos, non se me ocorren moitos máis títulos ca Asasinato no Consello Nacional, unha novela negra coma as nosas perspectivas de futuro. Porque nas eleccións demos por bos os casos de corrupción, premiamos a lei mordaza, validamos a reforma laboral e a precariedade, consentimos os recortes en educación, investigación, sanidade ou dependencia, lexitimamos a Lei Wert coas súas reválidas, vimos con bos ollos que os defraudadores se acollesen a unha amnistía fiscal, concordamos co IVE cultural e a política lingüística, parécenos sensato que o ministro do interior utilice os mecanismos do estado para espiar e atacar aos rivais políticos, permitimos que se continúe coa política de refuxiados posta e práctica ata o momento, ou facemos a vista obesa ante os que aparecen en papeis de paraísos fiscais. E, ademais, ao pobo galego, non lle interesa ser galego, tanto lle ten ter voz coma ficar mudo, non só dicimos que chove cando mexan por nós, senón que queremos que mexen máis. Cautivo e derrotado o voto progresista, os populares alcanzaron os últimos obxectivos electorais. Como dixo Feijoo, misión cumprida.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

One Response to A torre da derrota

  1. Elemental, querido. Decíame certo empregado de correos da vila do Deza, fai case sesenta anos, que D. Claudio déralle pao o país para cen anos. Dentro dun abri e pechar de ollos cumprirase esa data. Pois ben, agora empezo a pensar que quedou curto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s