Chegou o verán. Praia, tempo libre, piscina, sol, terraciña, cervexa cos amigos e amigas, festas, viaxes… En definitiva, para moitos é tempo no cal un pode facer o que lle peta.

Hai moitas opcións para encher ese tempo libre pero, se cadra, hai que destacar aquelas que se fan co corazón na man. Eu estou pensando naquela xente que aproveita a estación para ampliar o seu mundo e o dos demais. Son xente que pasa o verán de voluntariado en mil e un lugares do mundo. Se cadra nos países do terceiro mundo ou se cadra neste mundo que está tan preto e tan necesitado de alguén que lle bote unha man. Tamén hai xente que pasa o seu verán facendo o traballo de formar a xente nova en opcións alternativas de tempo libre. Penso nos monitores e monitoras de campamentos que pasan uns días esgotadores facendo cousas inesquecibles para os nenos e nenas. E tamén penso naqueles que aproveitan o seu verán para aprender cousas: idiomas, teatro, baile… A lista é interminable.

Se vos dades de conta case todas as propostas que fago son levadas adiante por xente nova. O discurso oficial é que a mocidade é apática pero ver a unha rapaza bailando nun campamento con nenos ou a un mozo na India pintando unha escola acompañado con xente esquecida é unha vacina contra o pensamento único. E esta vacina é a que precisa a nosa sociedade. Feliz e creativo verán.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

One Response to

  1. No alto do Seixo ( ou Xeixo?), pregarei pola xuventude, polos netos de todos e todas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s