Igrexa e IRPF. As contas claras?


José Antonio Martínez

X Tantos. Porque detrás de cada X hai unha historia foi a campaña con que a Conferencia Episcopal Española tentou animar á cidadanía a contribuír ao seu financiamento a través do IRPF. Na busca de aumentar os case 8 millóns de contribuíntes que marcaron a cruz o ano pasado, a campaña publicitaria insistiu por segundo ano na posibilidade de marcar nas declaracións os dous x, a da Igrexa e a de fins sociais.

A CEE comezou a facer un pequeno esforzo na transparencia das súas contas, tanto para o seu financiamento coma no destino do diñeiro, mais aínda fica moito por saber. Quen observe a publicidade observará que se mantén a vaga confusión sobre o diñeiro destinado a Cáritas, que goza dun gran respecto social, mesmo dos non cristiáns. Non se aclara que moitos dos seus proxectos son financiados a través da casiña doutros fins, non da Igrexa, ao que concorre coma moitas ONG. Non se nos explica que fronte aos dous millóns de subvención directa que a Conferencia Episcopal destina a Cáritas, máis de dez foron para manter a COPE, como informou o conservador portal de internet Infovaticana, “ocultos” no apartado de “actividades pastorais nacionais”. E que dicir de 13TV, que no 2014 perdeu a cantidade de 12 millóns de euros.

Detrás de cada X hai unha historia, mais como nas matemáticas do colexio, detrás de cada X hai tamén unha incógnita a resolver, unha persoa adulta á que non se lle mira só o peto, senón que tamén conta para opinar sobre os recursos da súa comunidade e contribuír a decisión sobre o seu destino. Non son as cristiás comprometidas, as que se negan a marcar o X da Igrexa, quen dificultan o sostemento da institución.

En plena campaña do IRPF 2016 o presidente da Comunidade Valenciana puxo en coñecemento da cidadanía e da xustiza os gastos do V Encontro Mundial das Familias: 22 millóns de euros. Sabendo agora o que sabemos do goberno do PP de Valencia, detrás de cada euro tamén hai unha historia… de corrupción. Mais temos un millón e medio de razóns para reclamar un cambio radical na xestión dos diñeiros da Igrexa, que é o prezo que custou o altar para a misa central do papa Bieito XVI; que naquel momento ningún dos responsables da Igrexa española considerase un sacrilexio ese gasto, e que agora que se coñece non se asumise ningunha responsabilidade, fala por si propio da xerarquía da Igrexa, en España e en Roma. Si, detrás de cada X hai unha historia.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Opinión coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s