Utopía – Deus habita na cidade


Utopía

Fotografía: José Cabalar

Benquerido Antón:

Hai xa tempo que cho quería dicir. Impresionoume ver a túa imaxe cando participaches para intentar deter o desafiuzamento daquela pobre señora na Coruña. Véseche en actitude non violenta, pero ao mesmo tempo decidida, mentres o policía está intentando levantarte para que deixes de ser un atranco e os encargados de executar o desafiuzamento poidan proceder a realizar o seu traballo.

Coñézote o suficiente para saber que detrás do teu xesto e o teu compromiso sociopolítico hai unha inmensa paixón por Deus e pola Humanidade, sobre todo pola Humanidade malferida e maltratada no camiño da vida como era o caso.

Unín o teu xesto profético ás fermosas palabras do papa Francisco na Evangelii Gaudium cando di: “Necesitamos percorrer a cidade desde unha mirada contemplativa, isto é, unha mirada de fe que descubra ao Deus que habita nos seus fogares, nas súas rúas, nas súas prazas. A persoa de Deus acompaña as buscas sinceras que persoas ou grupos realizan para atopar apoio e sentido ás súas vidas”.

O teu xesto e as palabras de Francisco retrotraéronme a aquela anécdota de Miguel Ortega Riquelme cando subiu cun grupo de raparigos ao alto da cidade e díxolles: contemplade por un momento en silencio todo o que alcanzan a ver os vosos ollos. E agora contádemo: unha marxe da cidade aparece con moita iluminación, grandes avenidas, grandes edificios. Outra marxe da cidade está case totalmente ás escuras, con casiñas e chabolas e camiños sen asfaltar. Entón o Padre Miguel preguntou aos raparigos: “E cal é a vosa conclusión?” Un dos raparigos dixo en alto: “pois que o arquitecto desta cidade non foi Deus”.

Canta teoloxía da boa en tan poucas palabras! Recórdame tamén aqueles fermosos textos de Aparecida: “A fe ensínanos que Deus vive na cidade, no medio das súas alegrías, degoiros e esperanzas, como tamén nas súas dores e sufrimentos. As cidades son lugares de liberdade e oportunidade. Nelas as persoas teñen a posibilidade de coñecer a máis persoas, de interactuar e convivir con elas. Nelas o ser humano está chamado a camiñar sempre ao encontro do outro, convivir co diferente, aceptalo e ser aceptado por el”.

Pois que así sexa, querido Antón, e que oxalá o noso traballo pastoral contribúa a facer posible que Deus sexa o arquitecto das nosas cidades. Apertas

Xabi Blanco

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Utopía coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s