Política – A responsabilidade é dos pais


PolíticaA crise económica e social e a inestabilidade política parécense tanto que moitos deducen, con fundamento, que son nai e filla. E digo con fundamento porque, se botamos una ollada a estes últimos corenta anos, podemos observar que, globalmente, foron tempos de crecemento económico, de prosperidade colectiva e de avances importantes nas melloras sociais, aínda que non tanto en relación á media dos países do noso contorno, pero sí en relación coa situación da que os españois partiamos. Non había crise e, en consecuencia, vivíase unha evidente estabilidade política, con esa previsibilidade no poder da que tanta morriña teñen moitos mandaríns.

De a cabalo dos anos sete e oito estalou a crise, que en España cobrou especial virulencia pola debilidade do noso esqueleto económico produtivo, pola burbulla inmobiliaria e, quizais, porque o verme da corrupción empezaba a podrecer xa as entrañas do sistema. Recoñecida a crise, que oficialmente levou o seu tempo, adoptáronse as medidas para afrontala do libro neoliberal vixente e hexemónico en Europa, que consistiu fundamentalmente en convertela nunha nova oportunidade de negocio para uns poucos e na desfeita social para as maiorías que empezaron a cruzar masivamente a ponte cara á pobreza. A segunda década do século comezou coa xente na rúa, con mareas de todas as cores e coa cristalización de novas forzas políticas vigorosas que rachan o modelo bipartidista, tan estable e previsible como evidentemente amortizado, se non fracasado, para as maiorías inxustamente castigadas. E así se deduce que a inestabilidade política ven sendo filla da crise económica e social.

Non obstante pode haber outra lectura, coido que con semellante fundamento. Trátase de ver a crise económica e a inestabilidade política e social como irmás xemelgas e fillas, por tanto, dunha mesma nai: a política neoliberal, esta si ultra e radical, que pariu a crise e a inestabilidade política ao mesmo tempo e, por tanto xemelgas son, por moito que, como ben se sabe, un xemelgo sempre nace antes doutro.

En todo caso, a tan temida inestabilidade política non pode ser atribuída, como falsariamente se fai, ás demandas, aspiracións ou propostas das formacións emerxentes cando, con toda evidencia, ten tanto que ver coa nefasta xestión que da prosperidade ou da crise fixeron os que ata agora mandaron con tanta “estabilidade”. Coma sempre, a responsabilidade do que hai é dos pais. Non dos fillos que están nacendo.

Carlos Vázquez G.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s