O peto – A política como bendición


O petoCústame facer esta afirmación, pero teño entendido que é bo facela, que é necesario facela; e iso, claro, a pesar das pequenas ou grandes movidas políticas que calquera pode ver no seu redor.

Non o espero das vellas políticas; refírome á urxencia de cambiar o modelo económico que todo o condiciona: os procesos persoais e o desenvolvemento social. Cando a crise se fixo evidente, alguén falara da necesidade de refacer o capitalismo neoliberal. Nada se fixo; ao revés, acentuáronse as súas liñas de forza, que teñen que ver co imperio dos cartos sobre as liberdades das persoas e dos pobos, sobre o voto e a opinión da xente. Quen manda en nós cada vez máis son os grandes poderes financeiros.

Esperábao das novas políticas; refírome ao soño de alterar ese modelo capitalista, non pola vía do crecemento insolidario, que é o noso, senón pola vía do decrecemento solidario, que lle poñería freo á loucura cara adiante na que estamos metidos, simplemente para poder ollar a quen queda machucado nas cunetas. Pero isto, claro, non dá moitos votos. E son os votos os que dan o poder.

A nivel curto, velaí a experiencia dun pleno municipal no que participei coma concelleiro. Un alcalde que se ve algo pillado ante unha pregunta ordinaria, e para saír do paso bota man da descualificación persoal, do “ninguneo” de quen fai da política un servizo desinteresado e libre. A voz do poder acadado con maneiras non sempre democráticas intenta anular con berros prepotentes os pequenos acenos de verdade e  dignidade.

E, a pesar de todo isto, sinto a política coma unha bendición. Como algo no que coma cidadán, coma xente cristiá hai que estar necesariamente. É un gran ben que Deus e a xente en mística mesturanza nos demos para gobernar con humanidade a terra e a nós dentro dela. Oxalá así o fagamos no próximo exercicio político que son as eleccións.

Manolo Regal Ledo

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O peto – A política como bendición

  1. Hai un fío conductor, que semellaba a ollos dos de abaixo paliado en algunha medida coa chegada da democracia, que é a corrupción como feito admitido e votado socialmente. Dende as memorias de Godoy (quén as terá leído?), moi reveladoras de este espíritu de corrupción e impunidade no XIX, pasando polas de Ramón y Cajal (sobre todo durante o período que pasou na guerra de Cuba como médico), ata a vida novelada de Arturo Barea (outro descoñecido… con toda intencionalidade, a pesar de constituir o cadro mais completo da vida española do primeiro terzo do s. XX), a corrupción está sempre presente e impreña a actuación das “forzas vivas” da sociedade dirixente e non dirixente do país. O sucedido ultimamente non é mais que a reaparición de ese rego subterráneo que viaxa dende fai moito tempo, sen pudor nin rubor, baixo os pes dos “españolitos” que viñemos o mundo antes e despois da chegada de esta peni-democracia actual.
    Sinto non ser mais optimista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s