Organízase a Rede de apoio aos refuxiados en Galicia


A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas é un espazo construído desde diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais co obxectivo de denunciar publicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da Unión Europea.

O campo de acción comeza na denuncia política inmediata, na esixencia de medidas a curto prazo que permitan a pasaxe segura das persoas refuxiadas nas fronteiras e, por suposto, a derrogación do infame pacto de expulsión  masiva con Turquía.

Continúa polo traballo de debate social, apelando a todas e todos nós a demostrar a solidariedade da que carece quen goberna no noso nome.

E alcanza o necesario enfoque global que cuestiona o conxunto da política migratoria da UE e reclama o final dos conflitos bélicos que levan por diante os dereitos das persoas que, coma nós, só queren desenvolver unha vida en paz.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas está constituída actualmente por máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais que teñen por obxectivo mobilizar a cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade, denunciar a política migratoria da UE e incidir politicamente nas administracións.

Os colectivos que queiran adherirse deben remitir un correo electrónico ao enderezo: rederefuxiadasgal@gmail.com

A Rede presentou, o pasado 20 de abril, o seu primeiro manifesto, RACHEMOS COAS FRONTEIRAS. NON ÁS GUERRAS, no que inclúe demandas dirixidas aos goberno da Xunta, ás administracións locais e ao executivo estatal, para esixir a garantía e o cumprimento dos dereitos das persoas refuxiadas. Apúntanse os temas clave do estado da cuestión: a necesidade dunha pasaxe segura para as familias que foxen da guerra e das atrocidades; o cumprimento dos convenios internacionais; o respecto dos dereitos humanos nas fronteiras; e que as administracións -entre elas a Xunta de Galicia- comprometan recursos concretos para a integración dos refuxiados.

A partir da manifestación do pasado 23 de abril en Compostela, unha vaga de xuntanzas, de organización e suma de vontades está a preparar esta rede, así como  una gran mobilización para o 19 de xuño. Un manifesto feito cun sistema de colaboración e achegas abertas será colgado na rede e lido nesa xornada de protesta.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s