Rumores de Esperanza


  • O xeneral Spínola morreu en 1630.
  • Carballo Calero estudou Dereito e Filosofía e letras e estivo no cárcere de Xaén.
  • No motor de catro tempos, no primeiro tempo a árbore de levas xira 90 graos.

Non é que eu sexa un sabio especial. Simplemente botei dous minutos en buscar estes datos na wikipedia. 

Realmente é fabuloso o traballo que supón a wikipedia. Escrita en 287 idiomas (tamén en esperanto ou en latín) ten preto de 37 millóns de entradas.

O fantástico desta creación é a súa gratuidade, que fai que o acceso ao coñecemento sexa áxil e rápido (wiki significa rápido en hawaiano). Faise dun xeito colaborativo porque calquera pode participar ou corrixir. Isto fai que teña outra característica fundamental: é moi fiable, xa que este sistema de corrección fai difícil poñer un erro e que este permaneza.

Tamén, temos a nosa wikipedia en galego chamada comunmente a galipedia. Supoño que sodes conscientes do traballo que todos e todas as wikipedistas están a facer polos demais. Agradecérllelo é xusto e necesario. Por certo, Irimia tamén ten a súa entrada na galipedia. Líchela?  

Xan Guillén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s