DOMINGO 12 DE XUÑO. XI DO TEMPO ORDINARIO


A PALABRA. Lc 7, 36 – 8, 3.

Naquel tempo, un fariseo convidou a comer a Xesús; e Xesús entrou na casa del e púxose á mesa. Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou un frasco de alabastro con perfume de mirra, botouse por detrás aos pés del chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.

Vendo aquilo, o fariseo que o convidara dixo para si: «Se este fose un profeta coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha pecadora.» Xesús tomou a palabra e díxolle: «Simón, teño algo que che dicir.» El contestou: «Pois dío, Mestre.» «Un prestamista tiña dous debedores; un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta. Como non tiñan con que lle pagar, perdooulles ós dous. Ora, quen deles o amará máis?» Respondeulle Simón: «Supoño que aquel a quen máis lle perdoou.» El contestou: «Ben dito.»

E volvéndose cara á muller, díxolle a Simón: «Ti ves esta muller? Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. Non me deches o bico, mais ela desde que entrou non parou de me bicar os pés. Non me unxiches a cabeza con aceite, mais ela unxiume os pés con perfume. Por iso dígoche: moitos pecados se lle perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor mostra.» E díxolle a ela: «Os teus pecados están perdoados.» (…)

A CLAVE

Carme Soto

Salvoute a túa fe, vai en paz

No evanxeo de Lucas temos tres escenas diferentes pero relacionadas entre si, nas que se narra un xantar do Mestre na casa dun fariseo (7, 36,-8,1; 11,37-53; 14, 124). Nas tres o xantar remata cunha conversa de sobremesa na que Xesús desafía o anfitrión e os seus convidados. A que imos comentar é a primeira delas e ten coma protagonista unha muller pecadora.

Xesús é invitado por un fariseo importante e, aínda que hai máis xente no convite, el é o invitado principal. A chegada dunha muller de mala reputación vai a trastornar a imaxe honorable que Xesús tiña ata o momento. O xesto da muller de unxir os pés ao Mestre vai escandalizar os presentes, non so porque ela é posiblemente unha prostituta e ten a ousadía de se achegar a carón dun home en publico, senón porque este home, considerado profeta, consinta en deixarse tocar por unha muller impura.

No diálogo que ten lugar a continuación vai alén da necesidade moral de perdoar. Xesús, coas súas palabras e coa parábola con que confronta os seus oíntes, está a proclamar que a oferta salvadora de Deus ten que ver coa misericordia e non con a santidade. No basta con fuxir do pecado, senón que hai que coidar o corazón, para que del brote a gratuidade e o amor por riba de calquera fronteira social ou relixiosa nas que nos gusta xustificarnos.

Esta muller é modelo desa proposta. Na súa vida había dor e rexeitamento, pero ela foi capaz de atopar en Xesús a mirada salvadora de Deus e foi quen de expresalo e o mestre de recoñecelo.

O ECO

Christina

Cando te vexo, irmá, vertendo a auga do teu corpo, a vida toda, en regalo de amor, non un signo nin un símbolo para tematizar doutrinas e liturxias, senón vida corporal, material, carnal. Non se pode chorar simbolicamente, non se pode facer o que fixeches coma unha alegoría. Non ven sendo como levar unha pancarta cunha frase ben achantada.

Uns so ven en ti unha pecadora, xulgan e ven o mal, e no teu querido Mestre un idiota que non ve o que ven eles.

Aí nos tes querida, tanto tempo despois, berrando amor polo mesmo corpo, e levando a mesma sentencia de “pecadentas”, indignas de tocarlle nin os pés nin nada.

Nós, expertas en cueiros de pequenas e maiores, expertas en feridas abertas e pechadas, en babas e fluxos de toda clase, expertas en corpos, expertas en vida. Non lles custou moito aos escultores encher a nosa paisaxe de corpos rebentados en mans da súa nai, tras das cruces, por tras, coma ti.

Así, si, morto, non recoñecible como corpo de home, desperdicio, así si que non lles costa.

Eses mesmos fariseos que buscaron avergoñarte e ficaron avergoñados, vingáronse ben.

Dende entón, moitas veces, os  torturan e matan os corpos amados fannos cachiños, bótannos aos ríos, ao mar, entérrannos en foxas sen deixar pegadas porque saben moi ben que nós, ti e mais nós, as femias deste xénero humano, habiámolos encher de vida e amor. Xuntemos a nosas bágoas irmá, queda moito corpo por amar…aínda.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s