O peto – Linguaxe esquecida


O peto (2)A irrupción de novas formas de comunicación, especialmente das mensaxes frenéticas e as redes sociais, foron deixando a un lado outras linguaxes que durante décadas sostiveron un enlace permanente entre a veciñanza. A propósito dese peculiar “tendal” da aldea do Souto, no Incio, presentado recentemente nos medios, gustaríame reparar na particular linguaxe que este tipo de dispositivos gardou durante moito tempo entre a xente.

Antes de que houbese secadoras e outras innovacións téxtiles, os tendais sobrevoaban os quinteiros e unían habitualmente as casas coas bodegas, alpendres ou outros edificios próximos. Erguíanse coma se fosen bandeiras, con paus longos que os avós tallaban para soster o arame ou cordel (máis recente) do que penduraba a roupa lavada no río. Xa en altura, era toda unha linguaxe, todo un wash-up. Entre aldeas próximas servía para comunicar os acontecementos importantes que xurdían na vida familiar.

Así, coma un taboleiro de anuncios, por riba das casas, intuíase o diario de tarefas nas fundas tinguidas do patriarca, o parte de defuncións nas roupas fúnebres da avoa, ou o rexistro de nacementos nos cueiros e babeiros de tea ao ar. Era comunicación recíproca e diaria.

Tamén as enfermidades, as viaxes, as emigracións… deixaban o seu aviso nos longos períodos nos que o tendal non ondeaba roupa. Pouco a pouco deixamos de erguer tendais ou buscamos outra forma de secado. Toda unha linguaxe nostálxica que foi esvaecendo ou na que, se cabe, xa non reparamos por esa mudanza nas comunicacións. Todo un latexar do pobo que esvaece co pasado.  Xa non somos os de antes e quizais deixamos de comunicarnos de forma natural sen decatármonos.    

Josecho de la Torre Culler      

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O peto – Linguaxe esquecida

  1. Houbo un “tendal” especial do que teño referencia por un amigo de Ventosela, que practicaban na súa casa, situada fronte o encoro de Castrelo de Miño. Consistía en pendurar do balcón unha colcha roxa como sinal para que os parentes que vivían da banda sur do río pasaran pola casa os días de feira en Ribadavia, pois había novidade que contar.
    Seguramente existiran mais casos semellantes, incluídos os sinais entre mozas e mozos (do que teño escoitado referencia tamén),pois a xente do rural era moi habilidosa nesta clase de prácticas.
    A ver se alguén investigas entre a xente de idade, que poida ser que dentro de mais ben pouco xa ninguén se lembre destas cousas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s