O Peto


Agora que o Barça gañou a liga, podo contalo. O día da Ascensión apareceu o bispo José Gea Escolano por Bergondo e quixo celebrar a misa maior. Como había moita rapazada do catecismo, a homilía foi “dialogada” con eles. D. José, apaixonado do fútbol, buscou un símil co deporte para que entendesen iso da Ascensión: “Se Mesi lle marca un gol ao Real Madrid, que aparece no xornal? Mesi 1-Madrid 0?. “Nooon!” –protestaron os peques, -aparece: “Barça 1- Madrid 0!” “Moi ben! -dixo o bispo- “E vós sabedes a quen lle marcou un gol Xesús?”. Entón un pícaro berrou con todas as forzas: “A Cristiano Ronaldo!!!” O Bispo quería explicar que o trunfo de Xesús era tamén o triunfo do seu equipo, a Igrexa, sobre o gran contrincante: o Demo. A idea estaba ben, pero aos rapaces iso do demo quédalles un pouco lonxe e antigo. Semellaba máis ruín o Ronaldo.

Foto peto

Pasou polo mundo coma unha florciña de San Francisco, co pisar miúdo e apresurado e agasallaba palabras coma flores a quen atopaba no camiño. Levaba unha vella carteira de coiro da que saían regalos insospeitados: un queixo de Arzúa, unha botella de caña, uns chourizos, unhas rosquillas…

Non deixaba de ser un misterio aquela carteira chea de papeis, novas, informes e comunicados compartindo espazo cuns saborosos chourizos de Lalín. As veces vestía de segredo, mudaba o hábito por unha gabardina de espía e un sombreiro deses de ganster das películas, mesmo parecía un axente do KGB. Seguro que ía resolver asuntos ben serios. Volvía logo ao pardo saial do santo de Asís e repartía sorrisos e bendicións. Cantos goles non lle marcaría aos demos na súa vida de entrega e amor a Galicia. Rematou a liga con moitos anos e case por despiste, mais na primeira división: a da xente de ben. Desde aquí despedímolo co seu saúdo de sempre, querido Pai Isorna: Paz e Ben!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

One Response to O Peto

  1. Era o oficiante da misa televisada dominical de miña nai, unha velliña de noventa anos. Non sei por qué lle chamaba Padre Sorna, cando lle esquecía e non atinaba co nome verdadeiro. Qué belida era a paisaxe dende a fiestra dos Anxos, ollando axexar sobre as lombas do horizonte a parte superior das torres de Compostela!; as “cimeneas da catedral”, o que facía rir o cura da parroquia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s