Rumores de esperanza


RumoresHai uns días contáronme unha anécdota sobre educación ben xeitosa. Un profesor de matemáticas tivo unha reclamación por facer un problema que dicía así: se o adestrador do Real Madrid ten sete defensas, sete centrocampistas e sete dianteiros. Cantas posibilidades ten de facer combinacións diferentes de equipos? O pai dun rapaz do Barcelona reclamou porque o seu fillo estaba imposibilitado para facer ese exercicio pola xenreira que lle tiña ao Real Madrid. Papáns hainos en todas partes.

De todos os xeitos isto non é máis que unha anécdota e un feito puntual. A meirande parte dos pais e nais que coñezo recoñecen e valoran ben o labor dos mestres e mestras que cada día acollen, educan e ensinan as súas crianzas. Chega o final de curso e son moitas máis as pequenísimas mostras de agradecementos sincero que os reproches ou as reclamacións. Sempre hai algún papán coma o barcelonista da anécdota, pero son fabas contadas. Parabéns, mestres, fixestes un bo curso.

Rematei de ver un vídeo sobre Portalén. Non o coñezo directamente pero xa devezo por ir. A Porta do Alén! Que nome e que lugar máis estupendo. Como é que non o coñeciamos?

Xan Guillen

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Rumores de esperanza

  1. A ver se o tempo acompaña para ir a Portalén.
    Sobre profesores e pais/nais:
    Para moitos profesores, de todas as categorías, é decepcionante ver como pasan os anos e prácticamente ninguén ten con eles unha verba de agradecemento, refírome a aqueles que innovan, comprenden ou se sacrifican polos alumnos. Non creo que sexa por nada especial, senón por pura iñorancia e falar pouco cos fillos sobre o que fan na escola ou no instituto. Debido á pouca importancia que lle damos no país a educación, algo moito mais lento e difícil de apreciar. A tele é moito mais rápida, accesible e cómoda . Non chegamos, dende logo, a aquel tempo en que recibían solo parabens os que mallaban a eito, porque (case) todo o mundo mallaba no país, dende a cúspide ata o piso mais baixo. Non hai mais que analizar os nomes dos centros educativos (do santoral dos privados, xa non falo) espallados polo noso “rural” e investigar a qué personaxes están dedicados para saber de qué vai. Nalgunhas vilas e, sobretodo, nas cidades a cousa cambia, dende logo, gracias á… vontade benemérita dos escolantes e dos pais/nais que os promoveron.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s