“A todas nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo” (1 Co 12,3)


En 1978, cando era elixido Karol Wojtyła coma Papa en Roma, a igrexa permitía por primeira vez o acceso das persoas de raza negra ao sacerdocio. Obviamente non estamos a falar da igrexa católica, senón da mormona, xa que tal realidade pareceríanos unha discriminación inadmisible.Con todo, a variación do cromosoma 23 do ser humano xustifica unha discriminación parecida: de ser xx queda vetada o acceso á orde sacerdotal das persoas, sendo só as persoas con cromosoma xy as que teñen aceso. A forza de non querer esaxerar, a igrexa católica perpetúa un auténtico apartheid, mais quen o sofren son as mulleres.

O papa dixo que sería unha boa idea estudar se na igrexa primitiva houbera diaconisas, para darlles unha posible canle niso. Unha boísima nova; aí está a bibliografía: si, houbo diaconisas, e presbíteras e apóstolas. Unha bomba mediática e emocional, cunha onda expansiva inmensa. A esperanza botou a andar coma unha tola por milleiros de corazóns. Logo falou Lombardi, o voceiro do Vaticano, desmentindo.

Pero a esperanza é mala de frear e o pobo de Deus artella esperanza con case nada, capaz como é de berrar as súas arelas de igualdade. E debemos facer mención especial a esas monxas que insistiron e preguntaron unha vez máis pola plena participación das mulleres na Igrexa.

Por un día, Francisco inventou unha variante da habitual resposta de que para as mulleres “esta porta está pechada”. Quedará para a historia o sorriso desa muller a carón do papa; e o del, contaxiado. Agora a historia agarda cambios.

Sabemos ben das reticencias do corpo institucional a que as mulleres accedan á plena identidade bautismal, por iso é ben reivindicarmos que a dignidade regalóuselle ás mulleres no cenáculo, aquel día de Pentecoste, ao tempo ca aos homes; non toca pelexala. A voz do Materno Espírito soa limpa e clara coma un trono, con voz de xente que quere o seu.

Somos pobo experto en retrancas, tanto nos ten o que dixo ou non dixo o papa, entendemos o que non se di, que as necesidades do pobo hanse atender, porque iso é o que cómpre. A maior diaconía é coidar a vida, soster a chama viva nas mans, e pasala para que ninguén pase frío ás escuras. Aí imos desde o comezo e non cumpriu permiso de ninguén, nunca…

Editorial

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s