O fachineiro do teatro – Foucellas


O grupo Talía Teatro acaba de estrear Foucellas, un texto de Cándido Pazó que el mesmo dirixe e que recrea as últimas horas de Benigno Andrade, un dos máis destacados loitadores antifranquistas botados ao monte e que foi detido, torturado e asasinado no garrote do cárcere da Coruña.

Como é habitual nos espectáculos de Pazó, a obra discorre a través dunha montaña rusa de emocións que leva o público dende momentos de máxima tensión ata o riso inesperado. Toño Casais, que parece o álter ego do propio Pazó, especialmente cando conta un conto tradicional, interpreta esplendidamente o guerrilleiro. Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo completan un traballo magnífico. As reflexións que entre subida e baixada emocional se trasladan ao público están tinxidas polo abandono no que se viron os derradeiros soldados da República. O mesmo abandono que tivo que sufrir toda a poboación, cando as potencias internacionais decidiron apoiar a ditadura de Franco e afortalar o fascismo en España. “A derrota é o que nos define”, pode oírse nun dos diálogos dun Foucellas consciente da situación.  É imprescindible vela, e pode completarse coa lectura de A vitoria do perdedor, de Reigosa.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to O fachineiro do teatro – Foucellas

  1. Foucellas foi, dalgún xeito, un veciño mais da infancia rural. Corrían por alí historias fantásticas sobre as súas actuacións. Pero o medo era terrible e soamente os rapaces, inocentes, se atrevían a berrar, repetindo diante do berro patriótico: “¡¡¡o que a tirou, que a levante!!!”.
    Os xubilados entenderanme abondo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s