De Vacas, Cans e selección galega (a irmandiña)


Estou moi desconectado do mundo, por iso hai cousas das que non me dou informado. Cando fago un descubrimento, penso onde estaría eu nestes anos. Estaba escoitando eu a radio e falaban do festival de Cans e falaron do grupo que compuxo unha canción para este festival. Trátase do grupo De vacas. Non os coñecía e corrín a investigar na internet. Vin moitos vídeos e a verdade é que soan moi ben. Son tres rapazas e un rapaz que fan divertidas  e xeitosas versións de cancións coñecidas e novos temas. Nótase que o pasan ben cantando. Coñecéronse nunha historia que tamén é moi divertida, que é o coro da ra. Paga a pena que dediques uns minutos, entres en youtube e escoites tanto unha cousa como a outra. Música sobre todo en galego, con boas vibracións. Agradecerasmo. 

Tamén recoñezo que estou desconcertado. O feito de que por fin volva xogar un partido a selección galega (a irmandiña), sorprendeume. Aínda lembro os meus rumores sobre ese tema hai máis de oito anos. Pensei que tardariamos moito tempo en ter un partido da selección galega e, sorprendentemente, volvemos a telo contra Venezuela. O desexo dalgúns xogadores galegos orgullosos de xogar coa súa selección levouse adiante. O resultado dá igual. O importante é a festa.

Xan Guillén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s