Boas novas desde “Vivimos no rural”


Como son máis ben escasas as ocasións, velaí vos vai: se queredes boas novas, boas “vibracións”, saber de iniciativas xeitosas, comer rico e partillado, botar unhas cantigas e coñecer unha Galicia cos pés e as mans na terra… aí están os encontros como o que acaba de organizar o grupo de “Vivimos no rural”, en Vilardevós, na raia seca. Cousa bonita.

É un encontro anual para que xentes de diferentes territorios rurais galegos se dean unha grande aperta, se pregunten como vai todo e se conten as cousas lindas que se están levando adiante nas aldeas e viliñas de Galicia. Todo para escorrentar tanta negra sombra que os tecnócratas e modernos botan enriba do futuro da vida e cultura rural de Galicia.  

Da man de Pepe Paz e Tamara Balboa, do Centro de Desenvolvemento rural “Portas Abertas” xuntámonos, logo, no Centro de Interpretación do Contrabando, mira ti, como para interpretar o contrabando desigual que a sociedade dominante fai coas comunidades rurais, detraendo os seus mellores recursos e pagando con exclusión, peche de servizos e unha imaxe de atraso e abandono.

Falouse e debateuse a maneira de empregar a internet para facer máis visible o rural invisible, creativo e potente que está aí marcando camiño.  Xa funciona un facebook máis que chulo: https://www.facebook.com/vivimosnorural/; e tamén un blog: http://vivimosnorural.blogspot.com.es/ .

No encontro estivo contando a súa experiencia Xosé Luis Vaz, xerente de Biocoop, unha cooperativa dedicada á produción e venda de carne vacún de razas autóctonas (vienesa, cachena, limiá,…) que previamente foi “rescatando” do esquecemento e a extinción, razas que viven no sur de Galicia pascendo libremente dende tempos inmemoriais e que en palabras do Xosé Luís: “son auténticas brigadas de prevención de incendios forestais”.

E na visita á Ánades Galicia, especializada en foi-gras, confit e xamón de pato (que catamos moi, moi a gusto) comprobouse como con creatividade, respecto e rigor, pódese poñer no mercado un produto natural e de alto valor. Para abrírmonos os ollos e o apetito.

Pois iso, que este país necesita boas novas e optimismo. Porque xa está ben de complexos e negras sombras.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Boas novas desde “Vivimos no rural”

  1. O campo volvería se o goberno quixera, poderiamoas dicir parodiando a Castelao. Pero a dúbida é se o goberno quere ou non quere, que mais ben semella que non. Ata que o país se convirta nun ermo “natural”, para turistas e/ou multinacionais agroalimentarias. Porque o país é fabuloso. Unha hectárea aquí pode manter mais xente que en ningún outro lugar da península.
    Sábeno pero dalles o mesmo, queren o carto exprés e fácil, o resto que podreza. O malo é que os paisanos o aplauden.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s