Repensar a nova esquerda


A nova esquerda está presa dun relato literario. Un relato cervantino que lle fai ver xigantes alá onde abundan muíños de vento. Está alimentada pola indignación dunha sociedade que ve, impotente, roubar e defraudar, e achega ideas que prometen reverter a situación. A nova esquerda é froito dos grandes relatos, devora miles de libros que deslumbran e prometen solventar inconvenientes e lances desafortunados coa exclusiva axuda da honra e da vontade.

Pero a esquerda non debe ser ideolóxica, debe ser pragmática. Porque o seu reino é deste mundo. A nova esquerda lémbrame a miña querida Igrexa. E cando aquela fala do capital, acordo a esta falando do sexo. Célibes cadaquén no seu eido, cren que a proclama militante abonda para nos salvar.

Pero a nova esquerda debe ser deste mundo e debe pactar, si, sempre debe pactar, co PSOE, con Ciudadanos, e incluso, e isto vouno escribir baixiño para que ninguén se espante, co PP, si con ese partido que parece encarnar todos os males da historia da democracia.

Porque, sinceramente, asústame que a nova esquerda só pretenda gobernar soa, con ou sen maioría absoluta, indignándose se non lle aproban os seus orzamentos municipais.

Os culés pasaron de ser un equipo de fútbol a ser o equipo de fútbol cando se decataron de que simplemente sendo antimadridistas non conseguirían nada. Descubriron un modo de xogar ao fútbol a base de enfrontarse aos seus adversarios, non de esquivalos. Sobre a mesa, a esquerda non debe esquivar o debate concreto do seu programa. Son as ideas concretas e posibles as que deben contrastarse no campo de batalla, tamén chamada mesa de negociación. Non agardamos a revolución sideral, só queremos que se goberne con máis sensatez, máis liberdade e máis igualdade. E despois de tantos anos de mercadallada e mamoneo, teno moi doado, mesmo arriscándose a visitar a súa lagoa Estixia. Sendo antidereita, a nova esquerda so conseguirá o aplauso da incondicional bancada.

Coa crítica fanse tertulias, pero non se goberna. Tampouco aprecio que nalgúns concellos a nova esquerda prefira o escano dos plenos ao dos gobernos. Pregúntome se non será unha postura demasiado acomodada. Porque gobernar significa enlamarse, entrar nesta complicada rede de decisións pesimamente boas que rexeitarán alternativamente partes da sociedade, que teñen miles de intereses encontrados e malcriados, pero que son necesarias para avanzar e espabilar  un país que prefire contratar antes os coñecidos que os preparados.

As solucións son concretas e aburridas, lentas de pensar, áridas e necesarias. Necesitan tantas cabezas pensantes como poidamos xuntar, e temos cabezas pensantes en todos os partidos. Non son exclusivas dun grupo de elixidos. Se cadra convén deixar de vivir na amnesia histórica que idolatra o símbolo e se arreda da realidade, algo que de seu, e en última instancia, é diábolico, non simbólico.  

Pedro Pedrouzo Devesa

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s