DOMINGO 15 DE MAIO. FESTA DA PENTECOSTE


A PALABRA. Xn 20, 19-23

Naquel día, o primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles: «Paz convosco.»  Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez: «Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.» E dito isto alentou sobre eles, e díxolles: «Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.»

A CLAVE

Coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós

 O encontro e o recoñecemento de Xesús resucitado foi un camiño que os discípulos e discípulas do Mestre foron facendo, sen dúbida con atrancos, pero tamén con fondas vivencias. Eses momentos difíciles de expresar con palabras, tiveron que transmitilos con narracións cargadas de imaxes que visibilizaban con forza a súa transformación e o novo horizonte que a presenza do Resucitado traia a súas vidas. O relato que hoxe nos presenta o Evanxeo de Xoán mostra de forma clara esa experiencia.

Tras a crucifixión eles e elas teñen medo as represalias dos que argallaran a detención e a morte de Xesús pero na escuridade do momento a memoria da vida compartida con el vailles facendo sentir paz no medio da dubida (Xn 20, 19-21), o recordo dos últimos días compartidos con el vailles abrindo os ollos a ver que a súa entrega e o seu sufrimento non estaban abocados o fracaso, senón que o Pai do que el falara con tanta paixón e tanta fondura tiña a última palabra non so na vida do mestre senón tamén na deles (Xn 20, 21).

As certezas que se lles ían abrindo pouco a pouco invítanas/os á misión. Séntense con unha forza nova, descobren que a vida do Resucitado lles abre a porta para saír as prazas e as rúas e anunciar o viran e oíran. Deixan de ser homes e mulleres asustados para sentirse comunidade, unha comunidade que non sempre acertará, pero saben que o perdón será o medio que lles axudará a manter os vínculos, a superar os fracasos, a discernir cada día as chamadas do Espírito na súas vidas (Xn 20, 23).

Carme Soto

O ECO

O medo morreu aquel día

Daquela e hoxe goberna o mundo o medo, ou iso cre, e nós a axudar. Cada vez que creo que existe unha porta, que me para un muro ou que para a outrxs, estoulle facendo a cama ao medo.

Saber que parando o medo saltan polo ar todas as portas e muros o seu poder, que aí, ao pé deses non muros e non portas xusto comeza o Reino. O Reino do ar puro e do amor libre, o Reino de ninguén pode con nós.

O reino onde a frase “o que deixedes de perdoar ficará sen perdoar” significa “movédevos, rebentade os muros, mandade o medo a paseo e traballade intensamente por reparar lazos esgazados, por coser redes furadas, por tecer novas roupas de festa, mais cables que nos xungan á realidade risenta e esperanzada, veña, queda moito por arranxar!”

Saber que os amigos do medo asoballante e esmagador inventaron o poder omnímodo de quen se cre administrador do perdón pola súa conta, todopoderosos de pacotilla, miña xoia; excomungadores de toda pelaxe,  retentivos de armario acortinado que administran o que non é deles e poñen portas ao vento. Si, decreto o seu poder baleiro. Miro derredor e so vexo un campo aberto e miles de sorrisos agardando a saír á luz, a tomar o sol do gran perdón incondicional e río as gargalladas. Será por traballo…

Christina

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s