O fachineiro do Brasil – Não vai ter golpe; vai ter luta


Non hai moito que en Brasil comezou o proceso de destitución de Dilma Rousseff. Cando se lean estas liñas quizais xa non sexa presidenta e iso quererá dicir que triunfou o golpe de estado. Porque é así como hai que chamar a este proceso e non da forma en que o fai a prensa española.

Á marxe dos erros que cometese Dilma, o que se está decidindo é se oligarquía que dominou ao seu antollo América Latina durante décadas, con ditadura mediante cando facía falta, pode volver a facerse co mando.  A acusación para destituír a Roussef é a de maquear as cifras de déficit, argumento co se poderían destituír case todas as presidencias do planeta.

Pero ademais, compre saber que o 60% dos e das representantes están acusados de delitos moi graves (mesmo homicidio ou violación), á parte de corrupción por moreas, incluído o que lidera a destitución, Cunha, presidente do Congreso. Cando se produciu a votación podíanse aducir as razóns (publicounas o New York Times e a meirande parte serían para rir se a cousa non fose tan grave). Pero unha delas ten pouca graza. Un deputado baseou o seu voto en Deus e na memoria do coronel Ustra, sanguinario represor durante a ditadura e torturador da propia Dilma. Nesas mans está o asunto. Por iso hai entre nós brasileiros que lle andan dicindo a quen queira oílos que é o que está a ocorrer. Ás veces a opinión pública de fóra importa máis cá de dentro.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to O fachineiro do Brasil – Não vai ter golpe; vai ter luta

  1. O da nosa prensa é algo increible. A prensa e a maioría dos chamados medios de comunicación. Que pasará cando o público aprenda a leer o que non din?.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s