Comezamos o mes de maio…


Coas xestas colgadas na porta, para que non entre o meigallo, comezamos o mes de maio. Este día 1 celebramos o día do traballo, e aproveitamos para reivindicar os dereitos das persoas traballadoras, eses dereitos que fraquean, desaparecen e quedan escasos. E, sobre todo, para poder pedir que todas as persoas poidan optar a un traballo digno e desenvolverse como profesionais.

Tamén coincide que este ano festexamos o día da nai, das avoas, das coidadoras, de todo ese grupo de mulleres que se organiza para brindar coidados á familia. Aínda que, coma todos eses días de… que se celebran, penso eu que día da nai son os 365 días do ano. E observando un pouco a publicidade, carteis e tendas, parece que se converte máis ben nun día comercial, de consumo de agasallos, cando ao mellor o único agasallo que agardan é saber que poden tamén elas contar con nós eses 365 días do ano.

Por iso, parabéns a todas as nais, biolóxicas, adoptivas, coidadoras, acolledoras, monoparentais, en parella, múltiples, recentes… A todas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: