O carné de conducir


Ilustración o repensoFelipe, renegando do medo, decidiuse a probar se podería sacar o carné de conducir. Parecíalle imposible. Sentíase tremendamente inseguro. As necesidades forzárono a tomar a decisión. Estaba canso de depender dos outros, ao tempo que lle amolaba non ser coma os demais.

Púxose a estudar a teórica. Foise metendo pouco e pouco. Mentres traballaba, non deixaba de repasar. De noite, xa na cama, collía o libro para empezar un novo tema e durmir con el na cabeza. E, así, un e outro día.

Chegou o exame. Foi por ir. Sabía de sobra que non aprobaría. Efectivamente o resultado foi o esperado. Non houbo sorpresa e tampouco desgustos.

Pero seguiu para adiante. O teórico aprobouno á segunda. Logo veu a práctica. Os problemas non diminuíron. Ás horas que lle dedicaron os da autoescola, hai que engadirlle o tempo (bastantes horas) que lle prestou un familiar, quen, pacientemente, lle facilitou o traballo de meter nos miolos os segredos do coche. Á terceira foi a vencida. Celebrouno polo grande. Sentíase moito máis home. Lograra chegar a onde chegaran case todos os seus veciños. E, sobre todo, conseguira arrincar da cabeza ese tapón que lle impedía verse capaz de conducir un coche. Antes non facía se non repetir: “Iso non é para min. Non me vexo capaz. Non nacín para iso”.

Pero este feito fixo repensar a Felipe en algo no que xa cavilara veces e veces…

-Por que -preguntábase Felipe- fan falta tantas voltas e revoltas para quitar o carné de conducir, e para ser pai e nai e conducir unha familia non se lle pide nada a ninguén? Un pode ter os fillos que queira, educalos ou non, levalos por camiños, carreiros ou atallos… E que?

Ramón Díaz Raña

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O carné de conducir

  1. non des pistas Felipe, que ahí pode estar outro novo imposto/certificado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s