Encontro por un mundo rural vivo e con futuro


No mundo rural galego hai moita vida…moitas posibilidades!

Este sábado, 7 de maio de 2016, Vivimos no Rural organiza o “encontro por un mundo rural vivo e con futuro” en Vilardevós, concretamente no Centro de Interpretación de Contrabando, Rúa Xacinto Santiago, 23, 32616, Vilardevós, Ourense.

A xornada comezará cunha presentación do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, seguido pola asamblea de Vivimos no Rural e unha presentación da iniciativa Biovoop – Cooperativa Ourensana de carne ecolóxica a través do seu xerente Xosé Luis Vaz. E xusto antes dun xantar compartido onde cada quen leva a súa propia comida para partillar, realizarase unha visita as instalacións de Souto da Trave (Vilardevós) para coñecer mellor a sua experiencia.

A matrícula custa 5 Euros e as inscripcións pódense facer enviando un correo electrónico a: vivimosnorural@gmail.com, no CDR Portas Abertas ou nos teléfonos 988417232, 988989508 e 640687331.

As persoas que desexen poden pasar a noite no albergue do CDR Portas Abertas en Vilarello da Cota (Vilardevós) por 9,50 Euros/persoa.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s