O fachineiro da LOMCE


A fe move alumnados

Foto Fachineiro

Ave Foch, Paris Île-de-France. Google street view.

Cando o lector e mais a lectora teñan entre as mans estas documentadas liñas, habemos andar a voltas coa reválida de 6º de Educación Primaria, esa proba á que en Galicia -a diferenza doutras comunidades- se vai aplicar con todas as da Lei. Falamos da Lei Wert, que leva o nome dese señor ao que vostede e mais eu lle pagamos un piso de 500 metros cadrados na selecta avenida Foch de París, xa que o seu soldo de 10.000 euros mensuais do posto de traballo -que o noso presidente lle buscou solícito- non llo permite. Iso si que é inserción laboral.

O exercicio de comparanza cos algarismos da entrevista sobre o comedor social publicado neste mesmo número resulta insultante pero esclarecedor de como se perpetran as desigualdades sociais e de como os poderosos se rin dos febles. Hai dúas semanas vimos como se manifestaban os alumnos e alumnas de ensinanzas medias e universitarias ante as consecuencias da Lei evacuada pola cabeza -permítase a metonimia forzada- do señor José Ignacio. Resulta que temos os estudos superiores máis caros de Europa e contamos coas axudas máis magras. A fe en que algo se poida cambiar levou a rapazada a protestar na rúa. Outra fe, levou, mercé a esa Lei, a que a matrícula de relixión en 1º de bacharelato se incrementase ata un 150% nalgún centro. Non se vía tal conversión desde Constantino!

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s