Rumores de esperanza


Sabemos que os da mesa de Irimia

teñen cartos en Panamá.

Este rumoroso lles pide

quen este ano nos paguen máis.

Pedímoslles aos cregos irimegos

que nos dean beizóns

porque este ano quedaremos

fartos de tantas eleccións.

Por que comecei con estas cantigas? Porque estiven botando contas: se cando estou escribindo estes rumores é 16 de abril, vai resultar que ti vas ler isto no tempo dos maios. Leo na galipedia que isto dos maios é do tempo anterior aos romanos. Que xa os galegos que había daquela facían maios para celebrar a chegada do verán e os pastores ían cara aos pastos das montañas. Esta tradición chega aos nosos días e seguimos celebrando esta festa. Lembro ben escoitar cantigas coma as que escribín antes cantadas por nenos e nenas, meténdose co alcalde ou co político ao que lle tocase caer en desgraza. Parece que esta festa ten forza e continúa a facerse en moitos lugares de Galicia. Longa vida para os maios.

O responsable da foto que fala

non debe ser de fiar

porque a súa colaboración

non é quen de asinar.

Xan Guillén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s