Símbolos para a acción


Non hai escusas. A visita de Papa a Lesbos déixanos sen coartada. Formamos parte, gústenos ou non, do inmenso atentado contra os dereitos humanos que se está a vivir no noso continente, e non do lado das persoas máis débiles. Non podemos pechar os ollos. Non podemos tapar os oídos. Temos que ter a capacidade, como apunta o xesto de Francisco, de nos achegar á dor, a quen sofre, e non darlles as costas. Todos somos Lesbos, en palabras de Xabier Pikaza.

A viaxe do Papa ao centro da dor e da vergoña tiña un obxectivo declarado (por el mesmo): chamar a atención do mundo diante desta crise humanitaria. Nada é perfecto e efectivamente a viaxe recibiu críticas: os lugares estaban “preparados”, non o levaron a certos sitios, non é a solución…

Con todo, Francisco, tamén como xefe de estado, fai algo distinto. Mesmo volve con algunha familia a bordo. Dá un exemplo da responsabilidade que ten que asumir un gobernante dun país en situacións extremas, cando está en xogo a “razón de ser”, cando menos a que se presume, do ideal europeo: os dereitos humanos. Non é tempo de se esconder detrás de números, estatísticas e enquisas electorais: é momento de afrontar a realidade que contribuímos a crear, e facerlle fronte. Aí deberían estar Merkel, Hollande, Rajoy, presentando esa foto ante o seu electorado.

Francisco, ademais, fai unha lectura crente: Deus está en Lesbos, porque alí se xoga a dignidade dos “ninguén”, porque se tece unha enorme solidariedade de base humana e civil. Non é tempo de discursos vagos, de posicionamentos mornos: é a hora de deixármonos de rodeos e pasar dos símbolos á acción.

É responsabilidade dos nosos gobernos liderar as solucións e empregar os nosos recursos con ética para rematar con ese sufrimento causado pola guerra e a miseria.  Pero non podemos ampararnos niso, aínda que teñamos a sensación de que “pagamos dúas veces” polo mesmo. Cómpre a mobilización, a participación da cidadanía tanto nos envíos de axuda urxente que as ONG organizan (p. ex. recentemente mandáronse máis de 17 toneladas de materiais desde Santiago) como nas mobilizacións que se convocan por todo o país para presionar os gobernantes, ou nas campañas abertas para recibir refuxiados nas casas, nas parroquias, nos concellos.

A viaxe do Papa ao centro da dor e da vergoña quixo chamar a atención diante desta crise humanitaria

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s