Enxeñería do sentimento


No seu precioso discurso de entrada na Real Academia Galega, Manuel María dicía isto:

A nosa paisaxe nativa acompáñanos sempre. Todos os días da nosa vida, sen faltar un, lembrámola de xeito apaixonado. Entendemos que un ser humano é, en esencia, un anaco de paisaxe posto en pé e camiñando”.

Somos os anacos de paisaxe que nos emocionaron, que nos tocaron. O noso urdido son os afectos e as paisaxes primeiras.

Hai algo de sagrado e simbólico nas paisaxes galegas, cando menos en certas paisaxes de certos recantos do país, un ben precioso que deberiamos evitar que nolo “poñan en valor”. Cando falan de poñer algo en valor,… é para saír a correr e non parar. Cando os políticos do crecemento ilimitado –que chaman progreso- puxeron en valor a praia das Catedrais, desencadearon a desfeita.

Hai varias formas de “poñer en valor” e deturpar a paisaxe, e una das máis coñecidas é a eucaliptización, unha forma lucrativa de desidia forestal. En calquera sitio, dálle para diante. A asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) infórmanos de que se poden estar a realizar novas plantacións de eucaliptos a carón das fontes do Miño, arredor do Pedregal de Irimia.

A cuestión é que, como indica a propia ADEGA, pode ser perfectamente legal. Por iso o movemento vai na liña de conseguir que se dote á zona dun nivel de protección que impida que prime o valor privado sobre o interese público. Indican que o Pedregal de Irimia está proposto como “área de interese paisaxístico” no Catálogo galego da paisaxe, pero que iso dificilmente evitaría unha eucaliptización total.

A mellor forma de valorar a paisaxe que temos é non estragala, ser conservadores, no mellor sentido da palabra. Pero os conservadores que nos gobernan non destacan por saberen conservar. Faría falta que aplicasen á paisaxe unha enxeñería legal, un xogo de cintura para xestionar os intereses contraditorios entre particulares e intereses varios, …algo tan imaxinativo como esas enxeñerías financeiras que deseñan para adxudicar contratos, distraer fondos públicos, branquear cartos, financiar ao partido e encher contas e empresas en paraísos fiscais.

Aquí temos un paraíso. No é fiscal. E precisa dunha estratexia imaxinativa, unha enxeñería do sentimento.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s