Educación: nin arre nin xo


Non acaba de arrincar a XI lexislatura do Estado español. Hai quen comeza a recear dunha posible parálise institucional.  No tema educativo a cousa é especialmente grave.

A ninguén se lle escapa que a tramitación e a imposición da LOMCE pola maioría parlamentaria do PP, que contou co rexeitamento da práctica totalidade da organizacións da comunidade educativa, tiña os días contados coa saída do poder dos populares. Tíñaa? A oposición parlamentaria acordou como primeira medida da nova lexislatura a derrogación desta lei educativa; o candidato Sánchez entendía que este rexeitamento da LOMCE era un dos piares de consenso no difícil mapa político actual, achegando a Podemos e Ciudadanos. Pero o anuncio de Albert Rivera da abstención do seu grupo na proposición de derrogación da Lei, fai que todo se presente aínda máis difícil.

A Xunta actuou de avanzada dos plans do goberno central, e é noso país onde máis se constata a situación de interinidade, de improvisación e de chapuza,…nun tema, como a educación, onde tanto xoga unha sociedade.

Fálase dos baixos resultados do alumnado, da metodoloxía do profesorado, da súa formación. Sábese dos novos desafíos da sociedade multicultural, da revolución tecnolóxica. Mais é xusto neste momento, con esta Lei que aposta pola “mellora da calidade educativa”, onde non sabemos se o próximo curso se vai acabar de implantar a LOMCE ou todo o contrario; onde os e as docentes que se van presentar ás oposicións descoñecen a lexislación á que terán que referir a súa programación e o seu currículo; ignórase o que vai pasar coas reválidas de 6º de Primaria, previstas para maio, cun Congreso debatendo a supresión da Lei e con CC.AA. que non a aplican. E aínda máis: incerteza para o alumnado de bacharelato que repita, con materias que desaparecen, descoñecendo o profesorado a transición ao novo modelo.

De verdade este é o camiño para construír un país novo? É posible traballar con proxectos a longo prazo? Temos unha sociedade capaz de propor un  gran pacto educativo pola calidade, transpartidario, estable no tempo, integrador, pero sen desprezar a importancia de formar o intelecto?

Acadaremos un pacto educativo pola calidade, estable, integrador, pero sen desprezar a importancia de formar o intelecto?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s