Crónica da asamblea da Coordinadora de Crentes Galeg@s


Un ano máis, e xa van alá trinta e catro, reunímonos no Centro Sociocultural “Agustín Bueno” do Castiñeiriño persoas dos diferentes grupos e comunidades que formamos a Coordinadora de Crentes Galeg@s. O tema elixido esta vez era “A violencia de xénero: o machismo mata”.

asamblea borrar 3

Comezamos a xornada tratando de visualizar, coa axuda de Tareixa Ledo Regal, experiencias de maltrato e bo trato nas nosas propias vidas. Cando nos sentimos mal e ben tratados? Cando tratamos mal e ben ás persoas que nos rodean? Compartir as respostas en pequenos grupos axudounos a descubrir nas outras persoas experiencias das nosas propias vidas. Tareixa explicounos as diferentes dimensións (social, relacional e interna) do mal e bo trato e o proceso que debemos emprender para ir pasando dun ao outro. Tamén a importancia de ser capaces de escoitarnos a nós mesmos porque, na medida en que sexamos capaces de ir construíndo o bo trato para cada un de nós, poderemos vivilo tamén para as outras persoas.

Despois do descanso, e de coller forzas coas rosquillas de Charo, as compañeiras da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria, presentáronnos o documento “A violencia de xénero, violencia contra as mulleres” elaborado por elas mesmas no 2011 dentro do traballo colectivo Pensando en Común. Trala lectura intentamos responder a unhas cuestións por grupos e despois fixemos a posta en común na que coincidiamos, entre outras cousas, na impotencia que nos producen os datos  que, lonxe de mellorar, seguen a ser arrepiantes; en que a violencia de xénero reflicte, moitas veces, outras violencias da nosa sociedade patriarcal e capitalista; e na vergoña que nos produce a especial situación de discriminación da muller dentro da nosa Igrexa.

O xantar foi, coma sempre, compartido e abundante. E momento de encontro para falarmos doutras cousas menos transcendentes pero tamén importantes para coidar as nosas relacións.

Xa pola tarde, Maricarmen, da Rede Veciñal de Mulleres contra a Violencia de Xénero de Vigo, mostrounos a cara máis dura desta realidade. A daquelas mulleres que viven connosco e que son maltratadas e mesmo asasinadas polas súas parellas. E como dende a asociación, co traballo voluntario das mediadoras, tratan de atender, orientar, axudar a denunciar e acompañar as mulleres vítimas desta violencia. Tamén procuran, a través de concentracións mensuais, denunciar publicamente esta inxustiza.

Entre as conclusións ás que chegamos despois do debate destacar que, un tema tan complicado como o da violencia de xénero, hai que abordalo tanto a nivel individual como social e sempre dende unha perspectiva de xénero. E que temos que seguir esixindo un reforzo da atención a esta realidade por parte das diferentes administracións.

A xornada rematou cunha fermosa celebración preparada polas compañeiras do Cristo da Vitoria na que recordamos a María, a importancia que as mulleres tiveron na vida de Xesús e a especial sensibilidade del coa súa situación. Un perfecto broche final. E coas apertas despedímonos e convidámonos xa para o ano que ven.

Josecho Barca

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Crónica coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to Crónica da asamblea da Coordinadora de Crentes Galeg@s

  1. Un saudo para Emilio do Cristo da Vitoria, fai algún tempo que non o atopo paseando pola beiramar de Alcabre e Samil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s