O fachineiro da poesía e a música – A voz do vento


Segundo fai notar a cantante Uxía Senlle, Manuel María era un grande amante da música, algo que se nota nos seus poemas. Ela mesma encargouse de poñerlle voz a unha manchea de composicións do autor de Outeiro de Rei no disco Andando a terra e hai uns meses volveu gravar algunhas delas no propio auditorio da casa de Hortas, na que el nacera. Ademais, con Magín Blanco, publicou este ano o libro-disco Canta o cuco, de poesía infantil. Aínda que a lista de poesía de Manuel María á que se lle puxo música é moi longa e variada, resulta imposible que non veña á cabeza, en primeiro lugar A Quenlla. De feito, hai poemas de Manuel María que a xente non sabe que son del e cren que son de Mini e Mero. É o caso, por exemplo de O aradiño de pau ou O carro que eles fixeron aínda máis populares. Tamén sacaron adiante  traballos diferentes que eles imaxinaran co propio poeta como é o caso de Unha vez foi o trebón, sobre as revoltas irmandiñas. Hai dúas semanas presentouse o libro -cd  A voz do vento, obra de Fran Amil e a tribo incomprensíbel que ten como novidade a versión rockeira de 11 poemas do Manuel.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: