Este Xoves en Vigo ás 19h30: encontro con Alfonso Mascuñana Bordas – Voluntario en Lesbos


lesbos 1ENCONTRO CON ALFONSO MASCUÑANA BORDAS VOLUNTARIO EN LESBOS

Xoves 21 de Abril ás 19,30h. Encontro aberto a todo o público.

Salón de actos da Parroquia Cristo da Victoria (R/ Baiona, 9-B / Coia-Vigo)

O vindeiro xoves 21 de Abril no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria haberá un encontró aberto a todo o público con Alfonso Mascuñana Bordas. Alfonso acaba de chegar da Illa grega de Lesbos onde colaborou de voluntario vivindo en primeira persoa a situación dramática dos refuxiados. Neste blogue Alfonso publicou cinco crónicas tituladas “Desde os campos de refuxiados de Lesbos” relatando a súa experiencia como voluntario. 

Casado e con 3 fillas, este mestre de Filosofía xubilado e militante en diferentes colectivos a prol dos dereitos das persoas, partiu pola súa conta cara Lesbos despois empregar moito tempo en contactar a través de internet con colectivos que desenvolven tarefas de axuda na zona. Finalmente a través de Starfish Foudation, logrou o seu obxectivo e a principios do mes de febreiro chegou a Lesbos. Alí viu o sufrimento de milleiros de refuxiados inmersos nunha escapada da fame e da guerra: familias enteiras intentándose aferrar a única esperanza que teñen neste momento: Europa.

Acaba de chegar de Grecia e non deixa de recibir chamadas de medios de comunicación e colectivos para que lle conten a súa experiencia.

Non é a primeira vez que Alfonso emprende un camiño desta índole. Xa nos anos 80 participou en Nicaragua de voluntario nun campamento de refuxiados que escapaban da guerra. Alí estivo ano e medio colaborando nas tarefas de educación e alfabetización no medio dunha zona de disputa armada.

O vindeiros xoves 21 de Abril desprazarase dende Palavea, o seu barrio da Coruña ata Vigo para manter unha charla-coloquio na que falará da súa experiencia en Lesbos e amosará algunhas imaxes do lugar onde colaborou. Será ás 19,30 no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria. Estades todos e todas convidados!

Mais información en http://www.comunidadebasecoia.org/

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s