Déficit público e superávit de corrupción


A exemplaridade dos que gobernan ten efectos económicos. Non é só unha cuestión de ética pública, que xa lle chegaría, … é necesaria para que a economía funcione: Que os números de déficit público se volvan disparar, que o discurso do PP se esfarele e que Europa lles tire das orellas, ten que ver coa corrupción, por máis que non se diga nos discursos oficiais.

Para darlle volta á situación hai, simplificando, dúas vías. Unha é a solución da dereita, neoliberal: apertar o cinto, reducir o gasto público, recortar servizos, ….e como “somos de dereitas” e os impostos son o demo (que iso enténdeo “todo o mundo”), facelo sen incrementar a presión fiscal, sen subir impostos ás empresas, ás herdanzas, nin aos particulares que máis poden, nin en xeral. O que pasa é que só recortando non abonda: a economía deprímese máis e, como lle pasou ao PP, teñen que incumprir promesas e subir impostos. Explicacións, barullo, polémica.

Amigo!, pero de súpeto éntrase en ano electoral. Daquela o famoso rigor métese no conxelador. E, en precampaña, o PP decide “adiantar” a baixada dos impostos, darlle alegría ao persoal, …pero coa economía anémica, o emprego precario e as rendas familiares de supervivencia, recádase pouco e, velaí, o déficit dispárase.

medicina 1

A segunda vía sería depurar o gasto público ineficiente (cousa sobre a que a esquerda debería tamén falar), e vigorizar un gasto público estratéxico, baseado nun incremento da presión fiscal xusto e redistributivo. Aproximarse, por exemplo, ao gasto de Suecia en servizos sociais, educativos e sanitarios, xerando emprego público ou semipúblico de calidade (actualmente entre nós un de cada dez traballadores está ocupado nesas tarefas, pero en Suecia son un de cada catro; iso si, ollo con quen defraude impostos!).

Que ten iso que ver coa corrupción? Pois porque tanto nunha vía como na outra os poderes públicos precisan convencer á xente de que sen incrementar os ingresos vía impostos, ou de que sen redistribuír e dinamizar a economía vía gasto público maior e intelixente, a cousa non ten solución. Pero como convencer a alguén de que Facenda somos todos se iso non afecta aos de sempre? Ou, aínda peor, como facelo se estamos asolagados de información sobre redes mafiosas que pululan arredor do goberno para zugar os cartos que necesitamos para investigadoras, enfermeiros, especialistas e coidadores?  

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s