De arriba abaixo, do centro á periferia (para variar)


Despois de 10 meses de espera, a sé de Mondoñedo-Ferrol xa ten bispo. O Vaticano informou que Luis Ángel de las Heras, misioneiro claretiano, actual presidente da CONFER, é o elixido. Segoviano de nacemento, con formación en filosofía e teoloxía, presenta unha longa experiencia como profesor e formador na pastoral no medio urbano, así como na xestión de postos de responsabilidade dentro da Igrexa, como mostran os seus cargos como Superior da Provincia Claretiana en España (de Santiago) ou o xa mencionado na CONFER. Desexámoslle todo o mellor.

Renovación, pero non de Foto Crónicamétodos

De sorpresa, golpe de efecto, de renovación do episcopado español na liña de Francisco, cualifícase a súa designación. Vese no seu nomeamento unha aposta polo cambio, polas institucións de vida relixiosa (é a primeira vez que un presidente da CONFER en activo é nomeado bispo), en definitiva, por unha Igrexa máis aberta. As primeiras palabras do novo bispo marcan xa os novos aires de Francisco, cunha perspectiva misioneira e pastoral e, sobre todo, coa demanda explícita do recoñecemento do papel da muller na Igrexa-institución, ao reclamar que a súa sucesión na CONFER recaia nunha muller, posto que son o 85% dos relixiosos en España.

Ráchase, pouco a pouco, o uniforme, conservador e irrelevante socialmente episcopado español erixido nos tempos de Xoán Paulo II e Bieito XVI, do que Rouco é o seu máximo expoñente e impulsor. Mais esta nova designación, lonxe do tan aclamado “efecto Francisco”, mostra como aínda teñen que mudar moito o funcionamento da nosa Igrexa. Se se cuestionaba o sistema de elección episcopal da curia, escurantista e alleo á realidade das dioceses, nada semella ter cambiado. Non se trata de que elixan os nosos ou os outros, non se trata de progresistas ou de conservadores, e moito menos de malos ou bos. Refírese ao sistema institucional da Igrexa, onde a curia vaticana, ou o Papa, seguen a designar postos de responsabilidade alleos aos fieis dos territorios onde van exercer o seu labor. Os cambios que precisa a Igrexa son máis fondos ca os simples nomes.

Galicia reivindica un bispo alemán

Xa aconteceu coa elección do leonés Jesús González como bispo auxiliar de Santiago, e agora con De las Heras: de verdade que non existe ninguén capacitado na Igrexa galega para asumir estas responsabilidades? No caso actual é aínda máis sintomático: a diocese do bispo Araúxo, defensor da inculturación da Igrexa na realidade galega, defensor da nosa lingua e do seu uso na liturxia, viviu cos seus sucesores unha aposta explícita por todo o contrario, unha castelanización eclesiástica, unha renuncia ao propio e unha dependencia dos ditados de Madrid. As eleccións episcopais mostran que nos últimos 30 anos se levou a cabo unha política clara pola xerarquía española e a curia vaticana de borrar calquera inclinación ou peculiaridade propia galega dos nosos bispos, fomentando un patrón uniformador alleo e castelanizante.

Non é só por cuestión de nacemento, mais non existe unha persoa que coñeza de primeira man a realidade do noso país, incluída a súa lingua, para poder ser elixido bispo? De verdade que as dioceses galegas non están preparadas para ser consultadas sobre o bispo que as ten que rexer? E para quen defenden unha perspectiva de Igrexa universal nestas eleccións episcopais, para cando un bispo alemán nas dioceses galegas?

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Crónica coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s