O fachineiro do teatro – Eroski paraíso


A compañía Chévere é do mellor que lle pasou ao teatro galego no último cuarto de século. Dende os afastados tempos de Río Bravo ata a o premio estatal de teatro co que foron recoñecidos en 2014 aparecen algunhas das mellores pezas da nosa magra produción teatral. Sempre foron acedos, cáusticos, argutos, cun grande sentido do humor e facendo do seu labor un esteo para a lingua galega nas artes escénicas. Meter o dedo no ollo do poder tamén lles custou ter que abandonar a mellor sala que houbo en Galicia, a Nasa de Santiago, que contaba cunha actividade cultural que facía palidecer a de calquera outra, xa fose pública ou privada. Entre as últimas producións están Eurozone ou Citizen, que describe o período histórico que acompañou o ascenso ao trono de Forbes de Amancio I e da factura que a deslocalización das fábricas téxtiles produciron en tantas pequenas cooperativas galegas. Agora estrean Eroski Paraíso, nome tomadoda discoteca muradá cuns locais que agora ocupa o supermercado. Un exemplo local para tirar conclusións universais: a emigración, o desarraigo, o estado de benestar estafado… Estrearon en Muros a semana pasada e agora van xirar por toda Galicia. Imperdible.

Eroski no paraíso

A.Q.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s