Marilar Aleixandre na RAG


Era difícil, era moi difícil. Substituír a Neira Vilas na Real Academia Galega non podía facelo calquera e escolleron ben. Marilar Aleixandre foi a elixida. É ben certo que aínda ten que pasar polo trámite da votación, pero coido que non debería haber problema.

Eu alegreime moito. Trátase dunha grande escritora que ten nas súas costas unha longuísima lista de títulos e experiencias no mundo da literatura e da didáctica das ciencias. Pero, para min, o máis salientable deste nomeamento foi que escolleron unha autora que destaca no eido da literatura xuvenil.

Para moita xente, a literatura xuvenil é unha filla pobre e parva da literatura en maiúsculas. Para quen pense así, aconséllolle que lea a Marilar, que é quen de escribir para adolescentes sen tratalos como papáns e sen tentar moralizalos. Nas súas obras dálles mensaxes serias e coherentes. As súas obras non escapan de temas difíciles. Eu lin tres delas. N’A expedición do Pacífico preséntase unha expedición investigadora histórica desde a visión dunha nena que arrisca para entrar nela. A banda sen futuro conta a peculiar visión dunha rapaza que loita por superar a enfermidade e os seus complexos nun novo instituto ao que non quere ir. A cabeza de medusa entra na traumática experiencia dunhas mozas que son violadas.

Sen dúbida,  Marilar aportaralle novas ideas á RAG. Parabéns á autora pola súa traxectoria e a todos nós porque temos grandes escritores e escritoras en todos os eidos da nosa literatura.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s