Ler para saber…


Debuxo lingua

Así como o outro día felicitabamos os fisioterapeutas e loabamos o seu bo facer cos vídeos en galego, hoxe imos dar o enésimo tirón de orellas aos medios de comunicación e, sobre todo, a unha Administración que subvenciona a quen lle cadra e como lle cadra, pero mirando por si, non polo galego.

Segundo unha reportaxe publicada no núm. 26 da revista Luzes, “A onde van as axudas ao galego nos medios”, pódese ver unha serie de datos que claman ao ceo.  Recomendámosvos a súa lectura, onde poderedes escandalizarvos con cuestións como:

  1. É condición necesaria para optar ás axudas destinadas ás empresas xornalísticas que estas teñan o 8% escrito en galego. Segundo os estudos feitos, o que cada xornal imprime na lingua “promocionada” non chega ao 3% no que se refire a información, e aí entran cartas ao director e mais os textos dos columnistas, que algún escritor hai que se mantén no xornal escribindo en galego. Logo hai un 2% de publicidade… Vai que se sumamos, aínda sendo de letras, vemos que non se chega ao tal mínimo.
  2. Na calidade da lingua xa non entramos, que aínda hai un par de números que lle dedicamos a nosa sección a avaliar un texto da La Voz
  3. Polo visto, os medios dixitais non se consideran “medios escritos” para poderen acceder ás axudas á prensa en galego!
  4. Só se consideran publicacións periódicas aquelas que teñan un mínimo de 12 números ao ano, é dicir, mensuais, semanarios ou diarios, pero non publicacións bimensuais, trimestrais…
  5. As empresas editoriais que reciben máis diñeiro son dúas que funcionan do mesmo xeito: a) fan tres edicións do mesmo produto raíz co número de páxina para entrar na subvención; b) todo está asinado, se o está, por “redacción”; c) as informacións xorden de fontes políticas e institucionais, polo que a información vén sendo unha serie de comunicados institucionais, sempre que as institucións estean gobernadas polo Partido Popular…

Vaites…, que a Xunta, deputacións e concellos gobernados polo PP promociónanse en galego… de balde…

Lidia e Valentina

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Ler para saber…

  1. En realidade pode decirse que nada hai subvencionado en galego. Entra un nunha biblioteca pública e cóntanse cos dedos dunha man (creo que sobran dedos) as publicacións en galego, posiblemente sen axuda ningunha. E tan vergoñento que aínda ten de suceder que algún día impriman unha a toda presa para poder mostrar a calquera visitante estranxeiro. Un bochorno como lle sucedeu ás autoridades de Valladolid cando unha delegación do reino de Francia chegada á cidade lle preguntou polo autor do Quijote e non souberon que responder, a pesar de que vivía na cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s