Celebrar a Pascua é celebrar o mundo do revés


Celebrar a Pascua é celebrar o mundo do revés. Pode haber moitas versións e interpretacións e vivencias diferentes entre as comunidades cristiás sobre ese fenómeno chamado resurrección, que non obedece, en calquera caso, á lóxica dos feitos cientificamente demostrables. Pero o que está claro, desde a fe compartida e celebrada, sexa do estilo que sexa, e desde o que honestamente sabemos da historia dun profeta serodio chamado Xesús, é que nas primeiras comunidades, despois daquela morte matada, houbo unha maduración sobre a transcendencia da persoa de Xesús, sobre o moito que revelaba, e, sobre todo, sobre o feito de que esa vida concreta, e esa morte concreta, mereceron un aplauso interminable por parte de Deus. Como pedindo, entusiasmado, un “bis”.

Toda a linguaxe e o simbolismo da Pascua, remiten a ese divino aplauso ás vidas vividas sen traizoaren a propia conciencia. E son moitas. E remiten tamén a unha determinada maneira de entender o liderado, a utopía e de abordar a debilidade humana. De plena actualidade, con permiso do pensamento dominante. Aplaudir a vida daquel sandador de Galilea que pasou facendo o ben pode, despois de todo, ser moi relevante en tempos de tribulación social e política.

Aquel líder, aparentemente derrotado polo sistema, para desconcerto do grupo de compañeiros e compañeiras, chegado o momento previo á súa captura pola policía política, nun instante de enorme densidade simbólica, colleu o posto e a tarefa do escravo, e lavou os pés daqueles camiñantes. Con naturalidade e cariño. E dixo que ese era o xeito, que non había outro.

E apostar pola utopía, non obstante, poñer a mira no soño do que ten que ser -e abofé xa vai sendo, aquí e aló-, nesa mesa de festa compartida, fraternal e “socialmente invertida”,  non pode levar a ningún purismo, a ningún mesianismo, a esquecer aos que atopamos no camiño: nin as manchadas, nin os impuros, nin sequera os colaboracionistas. Só vale o programa mesianismo cero, e o de a cero tolerancia co neo-dogmatismo dos inmaculados.  

Poñer o de arriba abaixo e o de abaixo arriba ten ese toque: comeza na proximidade máis próxima ou non comeza nunca.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s