O peto


Non dou imaxinado a Xesús de Nazaré e a súa xente organizando procesións polas rúas de Xerusalén e, polo mesmo, non dou entendido esa desmedida paixón do catolicismo español cara ás procesións, como vimos a semana pasada. Un día, nunha festa que tiña moita afluencia, pregunteilles pola santa que levaban en procesión a varias persoas do lugar e non sabían nada da súa vida, pero que era moi milagreira e a tal veciño curoulle un mal e aqueloutro salvoulle a vida cando estaba a morrer.

Respecto a fe de moita xente que acode, e mesmo vive con fonda devoción o paso dos santos, pero cando vexo procesións noutras culturas e relixións como na India ou no Tibet, penso que o de Xesús ten que ser outra cousa.

A semana da Paixón ofreceunos o arrepiante espectáculo do ACORDO DA VERGONZA: a contraprocesión do poder. Milleiros de persoas arrastradas, coma se fosen gando –e peor alimentadas–. Asombroume o silencio da cidadanía: agás uns poucos, encheron os estadios de fútbol, os restaurantes, os hoteis, as praias… e as procesións de Semana Santa.

Os bispos españois publicaron unha nota valente contra tal acordo vergonzoso, mágoa que os medios non lle presentaron atención e poucos souberon do tema. Nesta Pascua estreada somos chamados, como o cego do camiño, a ver nestes irmáns refuxiados o Nazareno que pasa por diante e berrarlle: Ten compaixón, coas túas feridas cura a nosa cegueira!

Rubén Aramburu

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s