Eco


Neste mes de marzo, celebramos dúas citas importantes: o 8 de marzo, Día da Muller, e o 21, Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

Nas nosas mans está traballar cara á igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres, no día a día, na vida diaria, nos fogares, nos postos de traballo, desde a política, desde a escola, desde todos os ámbitos nos que,  como persoas, vivimos inmersas. E nas nosas mans tamén está loitar contra a discriminación e a xenofobia, en ocasións máis visible, e noutras máis sutil, que a través de mitos e discursos se estende na sociedade.

Nas nosas mans está traballar cara á igualdade real

Nas nosas mans está traballar cara á igualdade real

Mitos coma o de que as persoas inmigrantes nos quitan o traballo, cando a taxa de paro entre a poboación inmigrante é do 33%, mentres que a media española é do 24%; ou o de que as subvencións son para as persoas inmigrantes, cando, segundo informes, das  perceptoras da renda de inclusión social de Galicia, o 14,28%  son persoas inmigrantes non comunitarias, o 2,69% comunitarios, e o resto persoas de nacionalidade española.

Outro dos prexuízos que se escoitan é que non se acostuman aos nosos costumes, cando ninguén ten por que renunciar á súa cultura. A riqueza cultural, a diversidade é algo positivo, é lugar de aprendizaxes e de respecto mutuo na multiculturalidade.

O que non debemos crer é que se pode esixir un proceso de asimilación, no que as persoas doutros países de orixe deben adaptarse aos nosos costumes, valores, tradicións; cada persoa debe poder sentir e vivir a súa cultura viva onde viva. Así como os galegos e galegas que viven e traballan polo mundo adiante manteñen viva a súa cultura galega, as tradicións, ideas, a morriña e as arelas.

Teresa Souto

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Eco

  1. Que contradición esa de que “non se acostuman a nosa cultura”, cando nos facemos tantas veces o posible e o imposible por esquecela!.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s