Investidura enguedellada: Dúbidas e perplexidades


Cando todos son minoría con respecto ao conxunto –teimuda minoría que disque se repetiría nunhas novas eleccións- , non é acaso o momento de arrombar os obxectivos “máximos”, estratéxicos, e acordar mínimos comúns, con sentidiño táctico?

Mesmo por “tacticismo”: que é o que premiaría o electorado? O esforzo e a habilidade para negociar e chegar a acordos que fagan posible un cambio imperfecto ou, pola contra, o empeño en espetar valados de arame e liñas vermellas en nome dun cambio “perfecto” e imposible?

E nesa mesma liña de “premio” electoral: ten premio nesa tómbola a sobreactuación que bambea entre a arroutada de malote da clase e a pallasada, especialmente se a pallasada non é alá moi graciosa (que para todo hai que ter don e un non ten don para todo)?

Non estaba claro, digamos, que a situación da política que se abordaba coas pasadas eleccións xerais, “a axenda estatal”, era unha situación de emerxencia por indecencia e por desigualdade? Que había que remudar os hóspedes das institucións estatais, ventilar o cheiro, limpar de iates, vodas, bolsos e “jaguars” a política e saír da crise con máis igualdade? Sobre esa base, non é posible acordar algo? No caso contrario, non acabará o conto con alguén tirándose dos seus mediáticos pelos?

A definición de “nova política”, (ula?) non incluiría a capacidade de acadar acordos, menos protagonismo persoal, máis programa, menos pose, máis traballo calado, menos apariencia e máis compromiso?

E, logo de que se renunciase  –por esa situación de emerxencia- a ter grupo e voz galega, diferenciada e clara, …é de verdade o momento, de colocar na axenda estatal, nos tres minutos de gloria que nos conceden, a cuestión dun referendo sobre a independencia de Galicia? Seguro que tocaba iso? Non haberá monte abondo que labrar antes?

E por último, paga a pena, desde a “axenda galega” que nesa batalla no teatro madrileño se bombardeen pontes, se agudicen as diferenzas e se arruíne a posibilidade dun cambio en Galicia, que é onde xestionamos os temas que máis inciden no benestar, na dignidade e na identidade nacional de Galicia?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s